Antemasque | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | 2014 - 2015 |
Xénero(s) | rock alternativo, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Nadie Sound |
Membros | Omar Rodríguez-López Cedric Bixler-Zavala Marfred Rodríguez-López Travis Barker Dave Elitch Flea (só no estudio) |
Na rede | |
http://antemasque.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Antemasque (estilizado como ANTEMASQUE) foi un supergrupo estadounidense de rock formado en 2014 polos antigos membros de At the Drive-In e The Mars Volta Omar Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala. O seu primeiro álbum conta con Flea dos Red Hot Chili Peppers no baixo e con Dave Elitch na batería.[1][2] Tanto Flea como Elitch tocaran anteriormente con The Mars Volta.[3] O irmán de Omar, Marfred Rodríguez-López (anteriormente en Zechs Marquise), uniuse finalmente como baixista permanente e o membro de Blink-182 Travis Barker encargouse da batería.[4][5]
O 9 de abril de 2014 Bixler-Zavala e Rodríguez-López nunciaron o seu novo proxecto, acompañando o anuncio co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "4AM".[6] Durante a seguinte semana lanzáronse tres sinxelos máis, e o seu álbum de estrea, Antemasque, foi editado o 10 de novembro de 2014. Aínda que Flea gravou o baixo para o disco non foi membro da banda.[7]
O 2 de novembro de 2015 a banda estreou oito cancións novas para un seguinte lanzamento, titulado Saddle on the Atom Bomb.[8][4] Porén, en 2022 o álbum aínda non tiña sido editado, e as redes sociais da banda levaban inactivas dende 2015, o que implica que probablemente a banda non siga activa.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Antemasque | 2014 | Nadie |