Gravado cun retrato de Anthonie Heinsius | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1641. Delft Holanda Meridional Países Baixos. |
Morte | 3 de agosto de 1720 (78 anos). A Haia Holanda Meridional Alemaña. |
Lugar de sepultura | Igrexa vella de Delft |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Provincias Unidas |
Actividade | |
Ocupación | Político |
Lingua | Lingua neerlandesa |
Familia | |
Pais | Adriaan Heynsius (en) e Maria Dedel (en) |
Anthonie Heinsius (coñecido tamén polo seu nome latinizado: Antonius Heinsius), nado na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, o 23 de novembro de 1641 e finado na Haia, o 3 de agosto de 1720, foi un político e estadista holandés que exerceu como Gran Pensionario de Holanda desde 1689 ata a súa morte en 1720.[1][2][3]
O pai de Anthonie era un coñecido e próspero comerciante da vila de Delft procedente dunha familia da aristocracia.
En 1679 foi nomeado Pensionario (alto funcionario responsable da administración) en representación da cidade de Delft nas Provincias Unidas e en 1687 ingresou no consello da cámara de Delft da Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC).
En 1682 foi nomeado negociador especial para Francia polo estatúder Guillerme III de Orange. A súa misión era a negociación da ocupación do Principado de Orange polo monarca francés Lois XIV. Malia o infrutuoso da misión, Guillerme III obtivo unha impresión moi favorable de Heinsius.[4]
O 27 de maio de 1679, cando Guillerme III foi investido como rei de Ingaterra e tivo que partir para Londres, nomeou a Heinsius Gran Pensionario dos Estados de Holanda e Frisia Occidental, o que o convertía de facto no home con máis poder dos Estados Xerais dos Países Baixos.[5] Desde ese momento pasou a ser o home forte de Guillerme, quen deixou nas súas mans a responsabilidade do goberno dos asuntos holandeses.
Heinsius era un duro negociador e un dos adversarios máis decididos e obstinados do expansionismo político de Francia.
El foi un dos promotores das coalicións antifrancesas durante a Guerra dos Nove Anos (1688-1697) e a Guerra de Sucesión Española (1701-1714). Despois do falecemento de Guillerme III en 1702, o poder de Heinsius nos Estados Xerais minguou, aínda que mantivo o seu título de Gran Pensionario ata a súa morte en 1720.[6]
Anthonie Heinsius foi soterrado na Igrexa Vella (Oude Kerk) da súa vila natal de Delft.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anthonie Heinsius |