Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1923 ![]() Marín, España ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 1991 ![]() Las Rozas de Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | Marín ![]() |
Catedrático | |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Director de tese | Antonio García Bellido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, historiador, arqueólogo ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Ramón Corzo Sánchez ![]() |
Familia | |
Fillos | Mercedes Blanco Morel ![]() |
Pai | Antonio Blanco Porto ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Antonio Blanco Freijeiro, nado en Marín o 6 de setembro de 1923 e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1991, foi un arqueólogo e numismático galego.
Fillo de Antonio Blanco Porto. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e despois en Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica. Especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García Bellido, e completou a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidade de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Xaén). Colaborou na prensa especializada e en Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi membro da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis de León de Lenguas Germánicas pola súa tradución de Historia de la Edad de Piedra (1982), de H. Müller-Karpe. Logo de padecer algúns problemas cardiacos, finou repentinamente na madrugada do 6 de xaneiro de 1991,[1] sendo soterrado no panteón familiar de Marín.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Casou con Pilar López-Brea Osorio e foi pai de Mercedes Blanco López-Brea de Morel.