Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1901 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de xullo de 1979 (78 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 15 de agosto de 1920 - 1931 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro e atacante | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Cerrotti, nado en Buenos Aires o 14 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1979, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
De profesión carboeiro, de onde saíu o seu alcume Carburín, formouse na canteira de Boca Juniors co que pronto debutaría no primeiro equipo e no que xogaría a maior parte da súa carreira. Unha vez abandonou o Club Xeneize continuou a súa carreira en El Porvenir e en Barracas Juniors.
Integrou o equipo de Boca Juniors, que realizou a xira europea de 1925, sendo o primeiro xogador arxentino en marcar un gol en Europa. Foi de cabeza no primeiro encontro da xira, o 5 de marzo ante o Celta de Vigo en Balaídos.
Coa selección de fútbol da Arxentina disputou 3 encontros, debutando o 9 de decembro ante Brasil.