ApleTalk foi unha pila de protocolos para os ordenadores Mac desenvolvido por Apple Inc. en 1984. Agora en desuso en favor das redes TCP/IP.
- 1984 - Desenvolvemento e inclusión nun Macintosh.
- 1985 - Neste tempo só se compartían impresoras utilizando o concepto do Selector ou Chooser.
- 1986 - Introdución de encamiñadores, a súa función é a de separar redes en pequenas porcións para evitar a saturación e o tráfico.
- 1987 - Introdúcese EtherTalk e un servidor de arquivos. Ata este ano compártense arquivos e tense un servidor como tal.
- 1988 - Introdúcense VAXes e Computadoras persoais (PC's) á rede. Neste momento danse as primeiras conexións de Macintosh con outros ambientes.
- 1989 - Xa se teñen miles de nodos EtherTalk. Introdúcense as primeiras interconexións a redes de Internet.
Fase 1 (1985):
- Velocidade de 230,4kbit/s.
- Distancia máxima de 305 metros.
- 32 nodos máximos por rede LAN.
Fase 2 (1989):
- Organización da rede en zonas.
- Máis de 255 nodos por rede LAN.
- Introdución de EtherTalk, TokenTalk e LocalTalk para IBM PC.
- Aparición dun conector máis simple de usar (AppleAUI).
- Para IBM PC e compatibles.
- Para Apple IIGS.
Dispoñíbel para a maioría de:
- Impresoras de rede (sobre todo en impresoras láser).
- Algúns servidores de arquivos.
- Unha serie determinada de routers.
O deseño de Appletalk baséase no modelo OSI pero a diferenza doutros dos sistemas LAN non foi construído baixo o sistema Xerox XNS, non tiña Ethernet e tampouco tiña enderezos de 48 bit para o encamiñamento.
Neste protocolo incluíronse unha serie de características que permitiron que as redes locais se conectasen sen configuración previa ou necesidade dun router ou servidor.
Appletalk está equipado para asignar enderezos e configurar calquera enrutamento de maneira automática.
Protocolos de Appletalk no modelo OSI:
Capas-OSI
|
Protocolos AppleTalk
|
7
|
|
|
AFP
|
PAP
|
|
|
6
|
|
|
|
|
|
|
5
|
ZIP
|
ASP
|
|
ADSP
|
|
4
|
|
ATP
|
|
AEP
|
NBP
|
RTMP
|
3
|
DDP
|
2
|
|
LLAP
|
ELAP
|
TLAP
|
FDDI
|
←AARP
|
|
1
|
|
LocalTalk
|
Ethernet
|
Token Ring
|
FDDI
|
Nivel 1:
- LocalTalk → Baséase nun sistema de cable de par trenzado e un transceptor funcionando a unha velocidade de 230,4 kbit/s.
- Ethernet → Estándar de conexión á rede que utiliza unha tarxeta física.
- Token Ring → Arquitectura de rede con topoloxía física en anel.
- FDDI → Interface de datos distribuída por fibra.
Nivel 2:
- AARP (AppleTalk Address Resolution Protocol) → Emítese un paquete pedindo un enderezo de rede (que necesita o dispositivo para conectarse), ata que se atopa un enderezo que non posúa ningún equipo, ao achala, esta utilizarase para o equipo.
Nivel 3:
- DDP (Datagram Delivery Protocol) → Realiza o transporte de datos de baixo nivel.
Nivel 4:
- ATP (AppleTalk Transaction Protocol) → Le a solicitude e devolve unha resposta.
- AEP (AppleTalk Echo Protocol) → Xera paquetes que son enviados ao nodo, o paquete cópiase, e un campo no paquete altérase para crear un paquete de resposta, o cal é devolto ao nodo de orixe (o que xerou a primeira mensaxe).
- NBP (Name Binding Protocol) → Rexístrase baixo un nome. No caso de que se queira un servizo, NBP consulta para atopar dito servizo.
- RTMP (Routing Table Maintenance Protocol) → Os routers mantéñense informados mutuamente en todo momento sobre a topoloxía da rede.
Nivel 5:
- ZIP (Zone Information Protocol) → Asocia os números de rede de AppleTalk con nomes de zonas.
- ASP (AppleTalk Session Protocol) → Solicita respostas ás ordes, e realiza consultas de estado fóra de banda.
- ADSP (AppleTalk Data Stream Protocol) → O intento de conexión pode ser rexeitado. Unha vez cortada a conexión dunha das partes, esta será pechada.
Nivel 6 e 7:
- AFP (Apple Filling Protocol) → Comunícase cos servidores de arquivos de AppleShare.
- PAP (Printer Access Protocol) → Permitía a comunicación con impresoras PostScrip.
O hardware inicial por defecto para AppleTalk era un protocolo de alta velocidade coñecido como LocalTalk que utilizaba os portos RS-422 do Macintosh a 230,4 kbit/s. LocalTalk dividía o porto RS-422 para proporcionar un cable de subida e de baixada nun único porto. O sistema sería lento actualmente, pero grazas á súa relación custo/complexidade, os Macs adoitaban ser as únicas máquinas en rede de moitos negocios.
Un substituto común para LocalTalk era PhoneNet, unha solución alternativa (dunha compañía chamada Farallon) que tamén utilizou o porto RS-422 e era menos custoso de instalar e manter. Ethernet e o token ring tamén foron utilizados, coñecidos como EtherTalk e TokenTalk respectivamente. EtherTalk converteuse gradualmente no método dominante para Appletalk mentres que Ethernet se popularizou na industria do Computador persoal PC a través dos anos 90.
- Sidhu, Andrews, Oppenheimer: Inside AppleTalk, 2nd, Addison-Wesley, 1999
- Apple Computer Inc.: Inside Macintosh: Networking, 2nd, Addison-Wesley, 1994, Chapter 1 - Introduction to AppleTalk (Online-Version)