Aquí no hay quien viva | |
---|---|
Formato | Comedia |
Intérpretes | Malena Alterio Laura Pamplona José Luis Gil Loles León Sofía Nieto Eduardo García Joseba Apaolaza Emma Penella Mariví Bilbao Gemma Cuervo Cook Luis Merlo Fernando Tejero Guillermo Ortega Isabel Ordaz Beatriz Carvajal Elio González Eduardo Gómez Eva Isanta Adriá Collado Vanesa Romero Roberto San Martín Nacho Guerreros Nicolás Dueñas Emma Ozores Ricardo Arroyo Elena Lombao Pablo Chiapella Denise Maestre María Adánez Daniel Guzmán Diego Martín |
País de orixe | España |
Episodios | 90 (en 5 tempadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | José Luis Rodríguez Moreno |
Localización(s) | Moraleja de Enmedio (Madrid) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 7 de setembro de 2003 |
Derradeiro episodio | 6 de xullo de 2006 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006.
Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
A serie estivo en prime time durante cinco tempadas na cadea de televisión Antena 3. Despediuse definitivamente nesta cadea en xullo de 2006, tras 90 capítulos, como unha das series máis exitosas da historia, chegando a obtenir o 40% de cota de pantalla e como a serie máis vista da década.[1] Actualmente emítese en Telecinco La que se avecina, a súa adaptación, con gran parte do equipo de actores, guionistas, produtores e técnicos de Aquí no hay quien viva.
Foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie. Ademais foi producida pola produtora deste, Miramón Mendi. Algúns viron similitudes do argumento con 13, Rue do Percebe, tira cómica creada por Francisco Ibáñez.[2]
A súa banda sonora foi composta e interpretada a cappella polo grupo Vocal Factory. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia en xullo de 2006 trala emisión de 90 capítulos.
Tempada | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | ||||||
1 | 17 | 7 de setembro de 2003 | 31 de decembro de 2003 | 5 354 000 | 32,2% | ||
2 | 14 | 24 de marzo de 2004 | 30 de xuño de 2004 | 5 899 000 | 31,6% | ||
3 | 33 | 6 de outubro de 2004 | 29 de xuño de 2005 | 6 892 000 | 37,1% | ||
4 | 14 | 9 de novembro de 2005 | 22 de febreiro de 2006 | 6 389 000 | 35,2% | ||
5 | 13 | 6 de abril de 2006 | 6 de xullo de 2006 | 5 000 000 | 31,9% | ||
Total | 90 | 2003 | 2006 | 5 907 000 | 33,6% |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aquí no hay quien viva |