Arabidopsis suecica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Arabidopsis suecica (Fr.) Norrl. | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Stenophragma suecicum (Fr.) Celak. ex Prantl |
Arabidopsis suecica é unha especie de plantas nativa do norte de Europa, que se orixinou por hibridación das especies Arabidopsis thaliana e Arabidopsis arenosa.[1][2]
É unha planta de 14 a 40 cm de altura de flores actinomorfas de 4 pétalos brancos coa base amarela e sépalos amarelos, que dan froitos con forma de vaíña longa. As follas son alternas case sen pecíolo no talo, e na base ten follas en roseta pecioladas, que sobreviven ao inverno. Crece sobre todo en afloramentos rochosos e patios.[3]
A. suecica é un alopoliploide de 26 cromosomas (2n=26) que comprede dous conxuntos de cromosomas procedentes das plantas que a orixinaron por hibridación, que son 10 cromosomas da especie diploide A. thaliana (2n=2x=10) e 16 da especie tetraploide A. arenosa (2n=4x=32, tamén chamada Cardaminopsis arenosa). A orixe parental dos cromosomas de A. suecica demostrouse por secuenciación de ADN e hidridación in situ.[4] Estudando loci microsatélites nucleares estimouse que a especie se creou por hibridación hai pouco tempo, entre 13.000 e 300.000 anos, seguramente máis ao sur que as zonas do norte de Escandinavia onde pode vivir, e despois colonizou o norte cando se retiraron os xeos da glaciación.[5]
Comprobouse o nivel de variacións xenéticas nesta planta e nas súas plantas parentais e o menor nivel dáse en A. suecica e o maior en A. arenosa, mentres que A. thaliana ten valores intermedios. A suecica só tiña 16 fenotipos no polimorfismo estudado e a maioría da variación producíase entre poboacións, polo que se cre que é autógama na natureza.[6]
|archiveurl=
e |urlarquivo=
redundantes (Axuda); |archivedate=
e |dataarquivo=
redundantes (Axuda); |deadurl=
e |urlmorta=
redundantes (Axuda)