Omsk Arena Омск-Арена | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 55°00′31″N 73°17′51″L / 55.008611, 73.2975 |
Localización | Omsk, Rusia |
Construción | |
Inauguración | 31 de agosto de 2007 |
Estadio | |
Capacidade | 10.318 espectadores |
Propietario | Avangard Omsk |
Localía | Avangard Omsk (KHL) Omskie Yastreby (MHL) |
Web | http://www.hawk.ru/arena-omsk/ |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Omsk Arena (en ruso: Омск-Арена) é un pavillón deportivo da cidade de Omsk (Rusia). Foi inaugurado no 2007, substituíndo o Blinov Sports and Concerts Complex para os partidos como local do equipo de hóckey sobre xeo do Avangard Omsk,[1] que actualmente compite na Kontinental Hockey League (KHL). Ten capacidade para 10.318 espectadores e foi inaugurado o 31 de agosto de 2007.
Logo de que a construción do pavillón fora designada á compañía austríaca AMR,[2] a construción comezou o 16 de marzo de 2004. O 31 de agosto de 2007 xogouse o primeiro partido de hóckey sobre xeo como parte das Super Series de 2007, unha competición júnior entre Rusia e o Canadá.
O propietario orixinal do pavillón foi Roman Abramovich, aínda que en 2012 decidiu donarllo ao Avangard Omsk.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arena Omsk |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |