Armstrong Siddeley Adder | |
---|---|
Tipo | turborreactor |
Fabricante | Armstrong Siddeley |
Primeiro encendido | novembro de 1948 |
Principais aplicaciós | GAF Pika Saab 210 |
Desenvolvido do | Armstrong Siddeley Mamba |
Desenvolvido en | Armstrong Siddeley Viper |
O Armstrong Siddeley ASA.1 Adder foi un dos primeiros motores turborreactores británicos desenvolvidos por Armstrong Siddeley e foi encendido por primeira vez en novembro de 1948.[1]
O Adder, un turborreactor derivado do Armstrong Siddeley Mamba, foi desenvolvido orixinalmete como un motor prescindible para impulsar ao branco aéreo Jindivik 1. O motor foi despois desenvolvido para darlle unha vida máis longa antes de evolucionar no máis potente Armstrong Siddeley Viper.
O ASA.1 Adder foi probado en voo na posición da torreta traseira do Avro Lancaster III SW342. Ese avión tamén fora modificado anteriormente e usado para probas de formación de xeo do Mamba polo departamento de probas de voo de Armstrong Siddeley en Bitteswell.