Arneiro | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subordes | |||||||||||||
O arneiro,[2][3] arneirón[3] ou arneste[3][a] son crustáceos da subclase dos cirrípedes e da orde Sessilia[4]
A orde conta con varias especies. Son organismos con coiraza cónica ou cilíndrica que se atopan habitualmente apegados a superficies rochosas da costa, a crustáceos como mexillóns,[5] ou a estruturas artificiais como os cascos dos barcos[6].
En Galicia destaca a especie invasora Austrominius modestus, que describiu Darwin en 1854 e que é orixinaria de Australia e Nova Zelandia[6][7]. Foi introducida por dispersión natural en 1943 pola costa sueste do Reino Unido,[8] estendéndose despois por Galicia[9] nos anos 50[10] ; inda que desde aquela a súa poboación foi diminuíndo. Esta especie é competidora con Semibalanus balanoides e Chthamalus montagui.[10]