Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 175.404 (2018) (370,05 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua inglesa | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 474 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1911 | |||
Evento clave
| ||||
Catedral | Dulce Nombre de Maria Cathedral Basilica (en) | |||
Sitio web | aganaarch.org |
A arquidiocese de Agaña (en latín: Archidioecesis Aganiensis) é unha sé metropolitana da Igrexa católica latina. En 2012 contaba con 157.000 bautizados sobre unha poboación de 184.000 habitantes. O arcebispo actual é Michael Jude Byrnes.
A arquidiocese abrangue o territorio de Guam. A sé arcebispal está na cidade de Hagåtña, onde está a catedral do Doce Nome de María.
O territorio está organizado en 24 parroquias.
O 1 de marzo foi erixida a vigairía apostólica de Guam, co breve Ex hac quam divinitus do papa Pío X, en territorios da prefectura apostólica das Illas Marianas,[1] que á súa vez fora erixida en 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú. O 4 de xullo 1946 a vigairía ampliou a súa xurisdición ás devanditas Illas Marianas.
O 14 de outubro de 1965, coa bula Centenario anno do papa Paulo VI, a vigairía foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Agaña.[2]
O 8 de marzo de 1984 a diocese foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Compertum quidem do papa Xoán Paulo II.[3] O 8 de novembro do mesmo ano cedeu o territorio das illas Marianas para a erección da diocese de Chalan Kanoa (Vialembensis).[4]