Avenged Sevenfold | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Avenged Sevenfold | ||||
Publicado | 30 de outubro de 2007 | |||
Gravación | 2007 | |||
Estudio(s) | Sunset Sound Recorders en Los Angeles, Eldorado Recording Studios en Burbank e Capitol Studios en Hollywood (Estados Unidos) | |||
Duración | 53:02 | |||
Xénero(s) | hard rock, metal | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Avenged Sevenfold | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Avenged Sevenfold é o cuarto álbum de estudio da banda norteamericana Avenged Sevenfold, publicado o 30 de outubro de 2007. Nun principio a súa publicación estaba programada para o 16 de outubro de 2007, mais atrasouse por preparar os contidos extras.
A listaxe de cancións do álbum foi publicada na súa canle de Youtube[1] o 9 de agosto de 2007. Unhas semanas antes da data de lanzamento, publican en Youtube os chamados “Webisodes”, un novo cada semana comenzando o primeiro o 24 de agosto. Estes son uns vídeos protagonizados por “Wolfie the Fox” nos que fala da banda e do proceso de realización das cancións do álbum. A primeira canción que dan a coñecer con estes vídeos é “Critical Acclaim”, a cal o 28 de agosto xa se podía descargar na tenda de iTunes. O 9 de setembro de 2007 anúnciase a produción dun vídeo para a canción “Almost Easy” dirixido por P.R. Brown. O 12 de setembro anúnciase a canción "Almost Easy" como primeiro single, e seis días despois pode ser descargado dixitalmente. Xa chegado outubro, a banda concede entrevistas e publican vídeos de actuacións en vivo de “Almost Easy” e “Scream”. Ademais “Afterlife” é escoitada por primeira vez na radio e anúnciase un vídeo animado para a canción “A Little Piece of Heaven”. O 29 de outubro comezan unha xira polos Estados Unidos para promocionar o álbum, e o 30 de outubro o álbum xa está á venda.
Todas as cancións foron escritas por Avenged Sevenfold.
"Disneyland Acid Trip" foi o título orixinal de "Unbound (The Wild Ride)"
"Fast Melodic" foi o título para "Lost"
"Big Bear" foi o título para "A Little Piece of Heaven"
"Country Rocker" foi o título para "Dear God"
Tras "Almost Easy" en setembro de 2007, o 19 de novembro anúnciase “Afterlife” como seguinte single, mais non é publicado oficialmente ata o 29 de xaneiro de 2008. O 17 de xaneiro de 2008 está dispoñible un vídeo animado dirixido por Rafa Alcantara para a canción “A Little Piece of Heaven” só para os propietarios do MVI, este non está dispoñible para todo o mundo ata o 12 de febreiro. O 19 de marzo os propietarios de MVI teñen acceso ó vídeo “Making of Afterlife” no que se ve como foi realizado o vídeo para a canción Afterlife. O 15 de xuño publícase Dear God como novo single, e conta cun vídeo dirixido por Rafa Alcantara. E o 14 de xullo de 2008 publican “Scream” como último single do álbum.
Este permite aos propietarios rexistrarse e obter acceso a contido descargable exclusivo, a parte do que trae incluído o álbum ó compralo. Contidos: