A BNXT League,[1] coñecida por motivos de patrocinio como betFirst BNXT League, é unha competición profesional de baloncesto en Bélxica e nos Países Baixos. Substituta da Dutch Basketball League neerlandesa e da Pro Basketball League belga, está considerada como a máxima categoría de ambos países. A primeira edición da competición foi a temporada 2021−22, sendo os primeiros campións o ZZ Leiden.
As conversas para a creación desta liga multinacional comezaron en outono de 2019. Pouco máis dun anos despois, o 10 de decembro de 2020, anunciouse que a Pro Basketball League (PBL) belga e a Dutch Basketball League (DBL) neerlandesa se fusionarían para formar unha nova liga. Todos os clubs da DBL votaron a favor da decisión, mentres que en Bálixca foron por 9 de 10 equipos. O 20 de maio de 2021, anunciouse o novo nome, "BNXT League", e o logotipo. A liga comezou a súa tempada inaugural no medio da pandemia de COVID-19, polo que unha gran cantidade de partidos tiveron que xogarse a porta pechada como resultado dos bloqueos nacionais. O 11 de xuño de 2022, o ZZ Leiden coroouse como o primeiro campión da BNXT.
A liga consta de diferentes etapas. Na primeira fase, os equipos xogan entre si en casa e fóra nunha liga regular a nivel nacional. Despois disto, os equipos divídense en dous grupos multinacionais, Elite Gold e Elite Silver. A Elite Gold está formada polos 5 mellores equipos de cada país, metres que a Elite Silver polo resto. A continuación, os equipos da Elite Ouro e o mellor equipo da Elite Silver xogan eliminatorias entre equipos do mesmo país para determinar o campión nacional. Ao mesmo tempo, comezan os playoffs de BNXT para determinar o gañador da liga.
Localización dos equipos da temporada 2022–23 da BNXT League.
Títulos
|
Equipo
|
Temporadas
|
2 |
ZZ Leiden |
2022, 2023
|