Bad Girls | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bad Girls |
Director | Jonathan Kaplan |
Produtor | Charles Finch |
Guión | Ken Friedman Yolande Turner |
Intérpretes | Madeleine Stowe Mary Stuart Masterson Andie MacDowell Drew Barrymore |
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | Ralf D. Bode |
Montaxe | Jane Kurson |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1994 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Recadación | $15 240 435 (US) |
Na rede | |
Bad Girls é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Kaplan e escrito por Ken Friedman e Yolande Turner que se estreou en 1994. Está protagonizado por Madeleine Stowe, Mary Stuart Masterson, Andie MacDowell e Drew Barrymore.
O filme conta a historia de catro ex-prostitutas que se ven relacionadas nun caso de homicidio e de evasión do cárcere, que máis tarde atoparán problemas por mor do roubo dun banco e polas investigacións de detectives de Pinkerton.
Catro fermosas mulleres que traballan nun Saloon no afastado oeste americano, vense obrigadas a fuxir cando unha delas, Cody, dispara e mata a un cliente que estaba a piques de violar a Anita. Perseguidas pola xustiza, as catro deciden dirixirse ó norte e facerse cargo dunhas terras, propiedade de Eileen. Pero antes, Cody ten que sacar do banco unha importante cantidade de cartos que conseguira aforrar para poder comezar unha nova vida. Pero cando vai retirar todo o seu diñeiro, o banco é atracado por unha banda de foraxidos, liderada por un ex amante de Cody co que ten unha conta pendente.