Baheb el cima | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | بحب السيما |
Director | Osama Fawzy |
Intérpretes | Mahmoud Hemaidah Laila Elwi |
Estrea | 2004 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Exipto |
Xénero | Drama e comedia |
Na rede | |
Baheb el cima (en árabe exipcio: بحب السيما) é un filme exipcio de 2004 dirixido por Osama Fawzy, protagonizado por Mahmoud Hemaidah e Laila Elwi. É unha comedia dramática con énfase nos problemas sociais, culturais e relixiosos da sociedade exipcia que introduce a arte como unha salvadora.[1][2] Foi escollido como candidato de Exipto para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.