Baldellia ranunculoides | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Baldellia ranunculoides | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Baldellia ranunculoides (L.) Parl. |
Baldellia ranunculoides é unha especie de planta da familia Alismataceae. Está moi relacionada co xénero Echinodorus e pode ser incluída neste xénero despois de recentes investigacións.
Euroasiático e na rexión Mediterránea-occidental. En España atópase en Galicia,[1] no Andévalo, Barcelona, Castelló, Xirona, Illas Baleares, Tarragona e Valencia onde crece nos torrentes e pequenas balsas. No parque natural Los Alcornocales (Cádiz-Málaga), aparece na primavera sobre charcas estacionais.
É unha herba acuática que vive enraizada nos sedimentos de lagoas e regatos, coas súas follas e inflorescencias aéreas. As follas son pecioladas, elípticas a lanceoladas ou lineais lanceoladas, e teñen unha lámina ovalada cunha base moi atenuada. As flores son hermafroditas, con 1-3 cabezas en umbelas ou acios con pedúnculos longos sobre follas axilares. Ten seis estames, numerosos carpelos, reunidos en espiral ou en cabezas esféricas. Os froitos son aquenios. Florece a finais da primavera.[2]
Baldellia ranunculoides foi descrita por (L.) Parl., e publicada en Nuovi Generi e Nuove Specie dei Piante Monocotiledoni 1854.[3]