(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1955 (69 anos) Torres (Xaén) Andalucía |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de xuño de 1993 – 9 de maio de 1994 – Rafael María García-Rico Fernández → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Campo de traballo | Justice and judicial activities (en) |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Xuíz |
Empregador | Julian Assange (2012–) |
Membro de | Audiencia Nacional de España (1988–2012) |
Familia | |
Cónxuxe | María del Rosario Molina Serrano |
Fillos | María Garzón Molina |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lentapedia Lentapedia |
Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981[1] e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994),[2][3] tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica.
Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993[4] e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado.[5] [6] En maio de 1994 abandonou ámbolos dous cargos.[7]
O 22 de febreiro de 2012 foi expulsado da carreira xudicial[8] logo de ser condenado polo Tribunal Supremo a once anos de inhabilitación por un delito de prevaricación cometido durante a instrución do caso Gürtel.[9] Dende entón, exerceu, entre outros cargos, o de asesor do Tribunal Penal Internacional da Haia ou o de director da defensa xurídica do fundador de Wikileaks, Julian Assange.[10] O 29 de novembro de 2012 recibiu de mans da presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, o seu documento de identidade de residente estranxeiro na Arxentina.[11][12] Alí foi coordinador de asesoramento internacional na secretaría de Dereitos Humanos do Ministerio de Xustiza, até que renunciou ó posto en xaneiro de 2016, logo do fin do mandato de Kirchner. En Colombia, asesorou á Fiscalía Xeral. En Ecuador foi designado coordinador da Veeduría Internacional á Reforma da Xustiza, cuxo informe final foi presentado o 13 de decembro de 2012.[13]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baltasar Garzón |