O distrito do Banato Norte (en serbio cirílico Севернобанатски округ, en serbio latino Severnobanatski okrug) é unha subdivisión administrativa da República de Serbia.
No censo de 2011 contaba cunha poboación de 146.690 habitantes.[1] A capital do distrito do Banato Norte é a cidade de Kikinda.
O distrito está situado no extremo norte de Serbia, na provincia autónoma de Voivodina, estendéndose pola parte norte do Banato serbio e por unha parte da rexión da Bačka.
Nome | Superficie (en km²) |
Poboación 2002[2] | Poboación 2011[3] | Estatuto |
---|---|---|---|---|
Ada | 229 | 18.994 | 16.785 | Municipio |
Kanjiža | 399 | 27.510 | 24.995 | Municipio |
Kikinda | 782 | 67.002 | 59.329 | Municipio |
Novi Kneževac | 305 | 12.975 | 11.232 | Municipio |
Senta | 293 | 25.568 | 22.961 | Municipio |
Čoka | 321 | 13.832 | 11.388 | Municipio |
Total | 2.329 | 165.881 | 146.690 |
No ano 2002, o distrito tiña 165.881 habitantes [3], repartidos da maneira seguinte:[4]
Nacionalidade | Número | % |
Húngaros | 78.551 | 47,35 |
Serbios | 72.242 | 43,55 |
Romamís | 3.944 | 2,37 |
Iugoslavos | 3.018 | 1,81 |
Outros |
A cidade de Kikinda é célebre polos seus pintores, sobre todo Teodor Ilić Češljar, Nikola Aleksić, Djura Pecić e Djura Jakšić, este último tamén escritor.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Banato Norte |