O Banc Sabadell é unha entidade bancaria española, con sede na cidade de Alacant. Fundado en 1881, actualmente[cando?] está considerado o cuarto grupo bancario de España. Cotiza na Bolsa de Madrid (SAB) e forma parte do índice IBEX 35.
A súa rede comercial alcanzou en outubro de 2007 as 1 196 oficinas pertencentes á diversas marcas baixo as que opera a entidade:
SabadellGallego é a marca coa que opera Banco Sabadell en Galiza trala adquisición do Banco Gallego por parte do Banco Sabadell. O SabadellGallego adícase á banca comercial para particulares e empresas.
O 17 de abril do 2013, Banco Sabadell adquiriu o Banco Gallego ó FROB.[1]
O 28 de outubro do 2013, culminou o proceso de compra,[2] e ese mesmo día púxose en marcha a marca comercial SabadellGallego.
O 21 de novembro do 2013, o consello de administración do Banco Sabadell aprobou a fusión por absorción do Banco Gallego.[3]
Entre o 14 e o 16 de marzo do 2014, produciuse a plena integración do Banco Gallego no Banco Sabadell coa unificación dos sistemas operativos e tecnolóxicos e o cambio da marca. As oficinas do Banco Gallego en Galiza, que foron renomeadas coa marca SabadellGallego, integráronse á plataforma tecnolóxica do grupo Banco Sabadell. Por outra banda, as 28 oficinas do banco que aínda operaban coa marca de SabadellAtlántico na comunidade galega pasaron a denominarse SabadellGallego. A rede do Banco Gallego localizada fóra de Galiza integrouse coa marca SabadellAtlántico,[4] agás nas provincias onde operaba coas marcas SabadellHerrero ou SabadellGuipuzcoano, onde adquiriron devanditas denominacións.
En xullo do 2015, anunciouse que Banco Sabadell decidira unificar as súas marcas territoriais baixo o nome 'Sabadell'. En agosto, comezarían a desenvolverse as modificacións de rotulación nas oficinas coas marcas SabadellAtlántico e SabadellCAM. SabadellHerrero, SabadellGuipuzcoano e SabadellGallego pasarán a adoptar tamén a nova denominación no futuro. SabadellUrquijo e SabadellSolbank mantenránse.[5] Desta modificación non se sabe aínda nada a día de hoxe[cando?], xa que a marca SabadellGallego segue a operar con normalidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banc Sabadell |