Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Banco Popular Español (BPE) é un banco español fundado en 1926, filial de Banco Santander dende xuño de 2017. A súa sede central é o edificio Abelias, situado no distrito de Hortaleza de Madrid.
O seu activo máis destacado é a posición de liderado no negocio das pequenas e medianas empresas españolas, onde copa un 18% de cota de mercado.[1][2][3][4]
A 31 de decembro de 2016, os activos de Banco Popular eran de 147.926 millóns de euros, sendo a sexta entidade financeira española por volume de activos. Esa mesma data, contaba con 1.739 oficinas, 11.948 empregados e 4,6 millóns de clientes.
Cotizaba na Bolsa de Madrid (POP) e formaba parte do IBEX 35 até o 7 de xuño de 2017, cando a CNMV suspendeu preventivamente a súa cotización, afectando a máis de 300.000 accionistas minoritarios e foi vendido polo FROB ó Banco Santander polo valor simbólico de 1 euro, sendo o primeiro banco intervido co MUR polas autoridades europeas.[5][6][7]
Banco Santander anunciou que o proceso de integración de Banco Popular duraría entre un ano e medio e dous anos.[8] En 2017, a entidade estaba a levar a cabo un Expediente de regulación de emprego (ERE).[9]
Banco Popular also has a strong franchise in small-to-medium-sized business lending.
Popular tiene una parte de su negocio centrado en pymes, un segmento en el que es una de las entidades con más presencia
Pese a todo, la nacionalizada Bankia sigue «muy interesada» en su negocio de pymes
Francisco José Baonza, aseguró que las pymes son «el núcleo en torno al que gira la actividad del banco con cerca de un 18% de cuota de mercado, según reflejan los últimos datos publicados por la Autoridad Bancaria Europea y del Banco Central Europeo».
Tras medio año navegando aguas imposibles, Monte del Paschi di Siena ha evitado el dudoso honor de ser el primer banco intervenido por la Unión Europea
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banco Popular Español |