Basehead | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, hip hop alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Imago, Union of Vineyard Workers |
Membros | Michael Ivey Aaron Burroughs Brendan Ciotta |
Antigos membros | Bill Conway Keith Lofton Clarence "Citizen Cope" Greenwood Brian Hendrix Jay Nichols Aaron Burroughs |
Na rede | |
baseheadmusic.com | |
Basehead, tamén coñecida como dc Basehead e Basehead 2.0, é unha banda estadounidense de rock alternativo formada por Michael Ivey en 1992. Ivey é o compositor e líder do grupo, engargándose das voces e de varios instrumentos. O seu álbum de estrea de 1992, Play with Toys, gravouse na casa de Ivey con varios músicos de estudio. Ivey formou unha banda de xira para os directos e esa banda realizou o segundo disco, Not in Kansas Anymore. No presente o grupo está formado por Ivey, o batería Aaron Burroughs e o baixista Brendan Ciotta.
Basehead foi loubada polo seu son distinivo e as súas letras. A música do grupo incorpora elementos de varios xéneros, como blues, funk, hip hop e rock. As letras de Play with Toys e Not in Kansas Anymore céntranse en temas como o uso de alcol e cánnabis, depresión, filosofía, política e relacións. Co lanzamento en 1996 de Faith, as letras comezaron a centrarse en temas cristiáns.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Play with Toys | 1992 | Imago Records |
Not in Kansas Anymore | 1993 | Imago Records |
Faith | 1996 | Imago Records |
In the Name of Jesus | 1998 | Union of Vineyard Workers |
dc Basehead | 2002 | Union of Vineyard Workers |
Rockalyptic Music | 2007 | Union of Vineyard Workers |