Batalla de Yser

Batalla de Yser
Conflito: primeira guerra mundial
Data: outubro de 1914
Lugar: Río Yser, Bélxica
Resultado: Estabilización da fronte
Combatentes
Francia
Bélxica Bélxica
Imperio Alemán Imperio Alemán
Francia 15 000 baixas
Bélxica 40 000 baixas
Descoñecidas
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de PicardyBatalla de FlireyBatalla de AlbertPrimeira batalla de ArtoisBatalla de BasséeBatalla de MessinesBatalla de ArmentièresBatalla de YserPrimeira batalla de YpresPrimeira batalla de Champagne

A batalla de Yser foi unha batalla da primeira guerra mundial, encadrada na Carreira cara ao mar.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

En agosto de 1914, o exército do Imperio Alemán invadiu Bélxica e os Países Baixos coma parte do Plan Schlieffen. Porén, a superioridade numérica dos exércitos alemáns provocou que os belgas tivesen que retroceder tras sucesivas derrotas, incluíndo o cerco de Antuerpen e a perda de diversas fortalezas. O obxectivo dos efectivos xermanos era o de chegar ata a canle da Mancha e os seus portos, como Calais e Dunkerque. Ao mesmo tempo tamén se iniciou a Primeira batalla de Ypres.

Desenvolvemento da batalla

[editar | editar a fonte]

O exército belga andaba escaso de munición e as tropas estaban moi cansas, debido ás continuas retiradas ante a iniciativa alemá. Para poder aguantar a fronte, Francia enviou reforzos tanto de infantaría como mariña.

Os primeiros combates comezaron o 16 de outubro, en torno á cidade de Diksmuide, onde as tropas aliadas detiveron o avance alemán. Ao día seguinte, tropas alemás pouco experimentadas (estudantes pouco adestrados, reservistas...) atacaron Bruxas e Ostende. Simultaneamente, o IV Exército alemán avanzou e tomou a liña Nieuwpoort-Ypres. Deste xeito, os alemáns achegábanse ao río Yser. A partir de entón sucederíanse diversas batallas, sen ningún gañador claro, estabilizándose a fronte cara ao 31 de outubro.

Consecuencias da batalla

[editar | editar a fonte]

O obxectivo principal do Imperio Alemán era, por unha banda, derrotar e anexionar todo o territorio belga. Por outra banda, pretendía tomar diversos portos do Atlántico e así cortar as vías de subministracións británicas. Non obstante os obxectivos non foron completamente conseguidos: Bélxica aguantou o envite alemán en torno ao río Yser e os británicos non se tiveron que retirar de Francia. Estímanse unhas 40 000 baixas belgas e 15 000 francesas. Descoñécense as perdas alemás.