Baía Caswell é un destino de vacacións de Gales no suroeste da Península de Gower, Swansea.
O acceso á praia é relativamente doado e no seu interior atópase un parque recreativo. Localizada preto da localidade de Mumbles, é un destino de vacacións para surfistas cuxa praia recibe regularmente a bandeira azul.
Entre 1829 e 1840, a meirande parte da terra arredor da baía Caswel foi mercada por John James, un crego de Bishopston para os seus dous fillos.[1]
En 1846, os Morgan venderon unha parte das súas terras no lado leste da baía no século XIX ó fotógrafo pioneiro John Llewelyn Dillwyn, un visitante regular da baía. Llewelyn construíu unha casa de vacacións, Caswell Cottage, que se mantivo ata arredor de 1960 na localización do que actualmente é o aparcadoiro público da baía Caswell.[2] En 1854, dúas das súas fotografías da baía Caswell foron solicitadas polo príncipe Alberte de Saxonia.[3]
Trala morte da muller de Morgan en 1877, o estado de Caswell dividiuse entre os seus seis fillos.[1] Pouco despois, unha parte da terra na parte occidental da baía foi vendida á familia Davenport que construíu unha gran casa nestas terras. A casa chamábase Redcliffe polo nome do cantil que delimita o lado occidental da baía, Redley Clif. A finais de 1920, Redcliffe foi a casa da familia do poeta Vernon Watkins, un amigo achegado de Dylan Thomas.[4] A casa mantívose ata a década de 1960, cando se derrubou para crear os apartamentos Redcliffe que foron construídos no lado oeste da baía.