Baía de Buzzards

Modelo:Xeografía físicaBaía de Buzzards
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMassachusetts, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°36′N 70°45′O / 41.6, -70.75
Afluente

A baía de Buzzards (en inglés Buzzards Bay) é unha baía do océano Atlántico, situada en Massachusetts, Estados Unidos.

Ten unha lonxitude de 45 km e unha anchura máxima de 12 km. É un destino moi popular para a pesca e a navegación deportivas.

Desde 1914 está conectada á baía do cabo Cod polo canal de cabo Cod. En 1988, baixo a Clean Water Act (lei da auga limpa), a Axencia de Protección Ambiental e o estado de Massachusetts inscribírona no programa nacional dos estuarios, co título de "estuario de importancia nacional" ameazado pola contaminación, o ordenamento do territorio ou o uso excesivo dos recursos.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está rodeada polo sur polas illas Elizabeth, o cabo Cod ao leste e o continente ao noroeste. Ao suroeste, está conectada coa estreito de Rhode Island (Rhode Island Sound). O seu porto principal é a cidade de New Bedford, que foi o principal porto de pesca de baleas do mundo a principios do século XIX.