(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Gómez Cortés 29 de decembro de 1994 (29 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Altura | 169 cm |
Peso | 61 kg |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Beatriz Gómez Cortés, nada en Pontevedra o 29 de decembro de 1994, é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Santa Olaya de Xixón.
Comezou a nadar con catro anos e a competir pouco despois, nas filas do Club Natación Galaico de Pontevedra.[1] Aos 13 anos empezou a competir máis seriamente, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que recoñeceu que de pequena lle daba medo a auga, conseguiu unha bolsa de estudos para prepararse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestrou como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato.[2]
Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza,[3] varios campionatos de España en diferentes modalidades,[4][5] e o Campionato Mundial Júnior de 200 metros estilos logrado en Lima en 2011.[6]
Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12.[7] Participou nos Campionatos Mundiais de Natación de 2013 e 2015, e nos Xogos Mediterráneos de 2018, acadando neste último evento o cuarto posto na proba de 200 metros estilos.[8]
En 2020 fichou polo Club Natación Santa Olaya de Xixón.[9]
En 2014 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da III Gala do Deporte Feminino Galego.[10]