Beeldenstorm

Debuxo da destrución de imaxes na Catedral da nosa Señora en Anveres ocorrida o 20 de agosto de 1566, o "evento clave" do Beeldenstorm, por Frans Hogenberg[1]

Beeldenstorm en neerlandés, que pode ser traducido como Tormenta das estatuas, Tormenta das imaxes, Asalto ás imaxes ou Furia iconoclasta, foron os ataques e destrución de imaxes relixiosas que tiveron lugar en Europa durante o século XVI.

Estes brotes iconoclastas destruíron elementos de arte católica nas igrexas e mosteiros e tamén en lugares públicos en accións non oficiais e foron realizados por parte de turbas nominalmente protestantes como parte da Reforma Protestante.

O termo neerlandés é referido especificamente á vaga de disturbios e ataques do verán de 1566 que se propagou rapidamente de sur a norte dos Países Baixos españois, brotes iconoclastas similares tiñan ocorrido anteriormente noutros sitios de Europa, especialmente durante a Reforma na Antiga Confederación Suíza e no Sacro Imperio Romano Xermánico entre 1522 e 1566, especialmente en Zúrich (en 1523), Copenhague (1530), Münster (1534), Xenebra (1535), e Augsburgo (1537).

En Inglaterra, a partir de 1535, retiráronse imaxes en actuacións alentadas polo goberno e tamén houbo ataques espontáneos, mentres que un proceso similar tivo lugar en Escocia a partir de 1559.[2] En Francia a partir de 1560 houbo varios brotes como parte das Guerras de relixión francesas.

  1. analysed in Arnade, 146 (quoted); see also Art through time Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  2. John Phillips, Reformation of Images: Destruction of Art in England, 1535-1660, (Berkeley: University of California Press) 1973.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]