Beijing Royal Fighters | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Beijing Royal Fighters |
Liga | CBA (Norte) |
Fundación | 2009 |
Historia | Guangzhou Free Man (2009−2012) Chongqing Fly Dragons (2012–2015) Beijing Fly Dragons (2015–2019) Beijing Royal Fighters (dende 2019) |
Cores | Ouro, negro, branco |
Presidente | Li Chunli |
Adestrador | Lü Jinqing |
Localización | |
Cidade | Pequín, China |
Pavillón | Estadio Nacional Cuberto |
Capacidade | 6.000 |
Inauguración | 26 de novembro de 2007 |
cba.hupu.com/teams/beikong |
Os Beijing Royal Fighters (chinés: 北京北控翱龙) son un equipo profesional de baloncesto chinés con sede na cidade de Pequín. Os Fly Dragons compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Estadio Nacional Cuberto de Pequín, recinto con capacidade para 6.000 espectadores, aínda que ocasionalmente xoga algúns partidos como local noutras cidades. O patrocinador do club é Beijing BG, mentres que a súa mascota é o dragón chinés.
Os Beijing Beikong Fly Dragons foron fundados en 2009 na cidade de Guangzhou, onde recibiron o nome de Guangzhou Free Man. O club comezou competindo en cateogrías inferiores. No 2012 o club trasladouse a Chongqing e adoptou o nome de Fly Dragons. En 2014 entrou a formar parte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, debido a unha ampliación da liga. Na súa primeira temporada o club ocupou a última posición da competición. Ao ano sieguiente a franquía foi vendida a North Control, instalándose en Beijing.[1]