Belle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ryū to Sobakasu no Hime 竜とそばかすの姫 |
Director | Mamoru Hosoda |
Produtor |
|
Guión | Mamoru Hosoda |
Intérpretes | |
Música |
|
Montaxe | Shigeru Nishiyama |
Estudio | Studio Chizu |
Distribuidora | Toho |
Estrea | Festival de Cannes: 15 de xullo de 2021 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Recadación | 64,7 millóns de dólares |
Na rede | |
https://ryu-to-sobakasu-no-hime.jp/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Belle (en xaponés: 竜とそばかすの姫; Ryū to Sobakasu no Hime) é un filme xaponés de 2021 escrito e dirixido por Mamoru Hosoda e producido por Studio Chizu. A historia inspirouse no conto de fadas francés de 1756 A Bela e a Besta de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont así como no filme de 1991 Beauty and the Beast.[1]
Belle estreouse o 15 de xullo de 2021 Festival Internacional de Cinema de Cannes,[2] onde tivo unha boa acollida pola crítica cunha grande ovación que durou catorce minutos.[3] Ademais, o filme foi dobrado en varias linguas estranxeiras (inglés, chinés, noruegués, portugués, castelán, italiano, francés, grego, alemán e polaco). Estreouse nos cinemas do Xapón o 16 de xullo de 2021. GKIDS concedeu a licenza do filme en América do Norte, sendo a data de estrea a nivel nacional o 14 de xaneiro de 2022,[4] e preestreas en cinemas IMAX seleccionados o 12 de xaneiro,[5] mentres que Anime Limited estreou o filme no Reino Unido o 4 de febreiro de 2022.[6][7]
Personaxe | Actor de voz orixinal |
---|---|
Suzu Naito / Belle | Kaho Nakamura[8] |
O Dragón / Kei | Takeru Satō[9] |
Padre de Suzu | Kōji Yakusho[10] |
Hiroka "Hiro-chan" Betsuyaku / Eroh | Rira Ikuta |
Shinobu "Shinobu-kun" Hisatake | Ryō Narita |
Shinjiro "Kamishin" Chikami | Shōta Sometani |
Ruka "Ruka-chan" Watanabe | Tina Tamashiro |
Justian | Toshiyuki Morikawa |
Okumoto | Fuyumi Sakamoto |
Jelinek | Kenjirō Tsuda |
Swan | Mami Koyama |
Muitarō Hitokawa / Tokoraemaru | Mamoru Miyano |
Kita | Michiko Shimizu |
Yoshitani | Ryoko Moriyama |
Hatanaka | Sachiyo Nakao |
Kei | Takeru Sato |
Tomo | HANA |
Nakai | Yoshimi Iwasaki |
Nai de Suzu | Sumi Shimamoto[11] |
Pai de Kei | Ken Ishiguro |