BenQ

BenQ
Logo
Tiponegocio e empresa
Data de fundación21 de abril de 1984
Nº de empregados1.539 (2020) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizQisda
SedeTaipei
PaísTaiwán
Na rede
https://benq.com/ e https://www.benq.eu/de-de
Facebook: BenQNorthAmerica Twitter: benqeurope Instagram: benqcreative LinkedIn: benq-technology-iberia Youtube: UCoYgqzl-NIdc3PwDsfH9XmA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BenQ Corporation é unha empresa líder en dispositivos dixitais (cámaras, pantallas etc.) que está asentada en Taiwán. Ten experiencia nas 3 C (Computación, Comunicacións e Consumo electrónico.)

O nome reflicte o seu lema ou visión corporativa: Bringing Enjoyment and Quality to life (algo así como "Conseguir desfrutar da vida").

A compañía foi establecida no 1984, pero foi coñecida antes coma Acer CM (Communications and Multimedia) e renomeada en decembro de 2001 co nome actual.

BenQ fabrica produtos de alta tecnoloxía, incluíndo a comunicación e produtos relaccionados cos ordenadores persoais. Entre os seus principais produtos están monitores LCD/TFT, televisións de plasma, escáneres e impresoras, cámaras dixitais, proxectores, gravadoras de CD/DVD, portátiles, teclados e ratos, reprodutores de música e teléfonos móbiles.

A sede central sitúase en Taoyuan, Taiwán, pero a compañía opera en todo o mundo.

O 1 de outubro de 2005, BenQ adquire a división de dispositivos móbiles de Siemens en Alemaña, creando así a 6ª compañía da industria da telefonía móbil máis importante por cota de mercado acumulado. Desta adquisición sae un novo grupo, BenQ Mobile, de BenQ Corporation dedicada enteiramente as comunicacións sen fíos.

BenQ Corporation é unha parte de BenQ Group, a cal está incluída en AU Optronic.