Estrutura química da benzfetamina
| |
Nomenclatura IUPAC: N-Benzil-N,a-dimetilobenzenoetanamina | |
Fórmula química | C17H21N |
Peso molecular | 239.355 g/mol |
Número CAS | 156-08-1 |
Status legal | Psicotrópico Listaxe III |
A Benzphetamine é unha droga con propiedades aneroxíxenas (anti-obesidade) comercializada nos Estados Unidos baixo a marca Didrex®. Trátase dun fármaco estimulante moderado do sistema nervioso central da familia das anfetaminas.
A benzfetamina está normalmente indicada para o tratamento a curto prazo (8 a 12 semanas) da obesidade exóxena. É unha fenetilamina estreitamente relacionada coa anfetamina. En varios países hispanos utilízase como monodroga xenérica, incluída en fórmulas maxistrais prescritas para a redución de peso (asociada a unha dieta hipocalórica). Atópase na listaxe de substancias controladas, concretamente na listaxe III, de acordo coa Convención Internacional de Psicotrópicos de 1971.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|