Berghaus | |
---|---|
Tipo | Filial de Pentland Group |
Fundación | Newcastle upon Tyne, Inglaterra 1966 |
Localización | Sunderland, Inglaterra |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa, equipamento |
Na rede | |
https://www.berghaus.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Berghaus é unha empresa téxtil fabricante de roupa e equipamento deportivo, con sede en Sunderland, Tyne and Wear, Inglaterra. A súa base está no nordeste de Inglaterra, pero distribúe en todo o mundo. Foi fundada en 1966 polos escaladores e alpinistas Peter Lockey e Gordon Davison, inicialmente como importadora e distribuidora de produtos de aire libre. A tenda de Lockey e Davidson en Newcastle upon Tyne era coñecida como LD Mountain Centre. En 1972 comezaron a deseñar e fabricar os seus propios produtos para vender na súa propia tenda. Chamaron á súa marca 'Berghaus', que é unha tradución literal de 'casa da montaña' en alemán.