Bert Schneider

Modelo:BiografíaBert Schneider
Biografía
Nacemento5 de maio de 1933 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0773721 Allocine: 59392 Allmovie: p110282
Find a Grave: 81931765 Editar o valor en Wikidata

Berton Schneider, nado o 5 de maio de 1933 en Nova York e finado o 12 de decembro de 2011 nos Ánxeles,[1] coñecido como Bert Schneider, foi un produtor estadounidense de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi responsábel dalgún dos filmes máis importantes e significativos de finais da década de 1960 e principios da de 1970. Fillo do que fora no seu momento presidente da Columbia Pictures, Abraham Schneider, de mozo amosouse ligado ás correntes políticas máis rebeldes do seu tempo e así foi expulsado da Universidade Cornell e o exército rexeitouno polas súas actividades radicais.

Nos primeiros anos da década de 1960 traballou para Screen Gems, a división de televisión da Columbia. En 1965, Schneider fundou Raybert Productions xunto co director Bob Rafelson. Schneider e Rafelson levaron á televisión en 1966 a serie The Monkees, unha comedia de situación sobre unha banda de rock ficticia (que despois faríase real para cumprir as demandas do público e as súas propias aspiracións),

O éxito dos Monkees permitiu a Schneider e Rafelson introducirse na realización de filmes, primeiro co filme contracultural Head (1968), protagonizado por The Monkees e cun guión co-escrito por Jack Nicholson. O seu primeiro grande éxito foi con Easy Rider (1969), que os situou na era do Novo Hollywood, e despois chegaría Five Easy Pieces (1970), con Rafelson na dirección. A Schneider e Rafelson sumóuselles un terceiro socio, Stephen Blauner, e Raybert converteuse en BBS Productions. De seguido fixeron varios filmes de interese, incluídos A derradeira película (1971), de Peter Bogdanovich e The King of Marvin Gardens (1972), de Rafelson. En 1975 Schneider acadou un Oscar ao Mellor Documental como produtor de Hearts and Minds (1974).

Peter Fonda baseou parcialmente en Schneider a súa personaxe en de The Limey, Terry Valentine, segundo a entrevista a Fonda incluída no DVD.

Vida privada e morte

[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Judy Feinberg, de quen máis tarde se divorciaría, e con quen tivo dous fillos, Jeff e Audrey.

Morreu de morte natural aos 78 anos de idade.[2]

  1. Belinchón, Gregorio (2011-12-22). "Bert Schneider, productor rebelde". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-03. 
  2. Bert Schneider, producer of counterculture classics, died at 78