Big Thief | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, |
Período | 2015 - presente |
Xénero(s) | indie rock, folk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Saddle Creek Records |
Membros | Adrianne Lenker Buck Meek Max Oleartchik James Krivchenia |
Antigos membros | Jason Burger |
Na rede | |
http://www.bigthief.net/ | |
Big Thief é unha namda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York. Os seus membros son Adrianne Lenker (guitarra, voces), Buck Meek (guitarra), Max Oleartchik (baixo) e James Krivchenia (batería).[1]
O primeiro álbum do grupo, Masterpiece, foi publicado a través do selo Saddle Creek Records o 27 de maio de 2016.[2] O 4 de abril de 2017 Big Thief estreou un novo sinxelo, "Mythological Beauty", a través de NPR.[3] O día seguinte a banda publicou o vídeo oficial da canción e confirmou que o tema aparecería no seu seguinte traballo, Capacity. O álbum foi editado o 9 de xuño a través de Saddle Creek.[4]
En 2019 Big Thief publicou dous álbums e varios sinxelos. Antes de lanzar o seu terceiro traballo, U.F.O.F., a banda editou tres sinxelos, ''U.F.O.F", "Cattails", e "Century." O álbum apareceu o día 3 de maio. O seu cuarto disco, Two Hands, publicouse o 11 de outubro. Este lanzamento foi precedido polos sinxelos "Not" e "Forgotten Eyes". Os dous álbums foron incluídos na lista dos mellores discos de rock de 2019 da publicación online Pitchfork Media.[5]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Masterpiece | 2016 | Saddle Creek Records |
Capacity | 2017 | Saddle Creek Records |
U.F.O.F. | 2019 | 4AD |
Two Hands | 2019 | 4AD |
Dragon New Warm Mountain I Believe in You | 2022 | 4AD |