Black Isle Studios | |
---|---|
Fundación | 1996 |
Disolución | 8 de decembro de 2003 |
Matriz | Interplay Entertainment |
Localización | Condado de Orange, California, Estados Unidos |
Fundador | Feargus Urquhart |
Industria | Videoxogos |
Produtos | Fallout |
Na rede | |
http://www.blackisle.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Black Isle Studios era unha división da desenvolvedora e distribuidora de xogos Interplay Entertainment, creado especialmente para o desenvolvemento de xogos de rol para ordenador. A sede estaba situada no Condado de Orange de California.[1]
Esta división foi fundada en 1996, adoptando o nome de Black Isle Studios durante 1998.[2] O nome tómao dunha rexión de Escocia chamada Black Isle, de onde era o seu fundador Feargus Urquhart.[3]
Interplay reviviu o nome de Black Isle en agosto de 2012 coa intención de producir novos xogos de rol. Black Isle deixou de existir unha vez máis, sen producir ningún xogo novo, cando Interplay rematou de vender todos os seus assets de videoxogos e a propiedade intelectual en 2016.[4]
En 1998, algúns dos responsables do primeiro título da división Fallout, deixaron Interplay para formar Troika Games despois de que non fosen capaces de chegar a un acordo con Interplay acerca de como debía ser estruturado o equipo.[5]
En decembro de 2003 e debido ás dificultades económicas, Interplay decidiu suspender temporalmente de emprego ao persoal de Black Isle.[6]
Xa en 2007, Interplay aínda non explicara a súa decisión nin aclarado o futuro da división.
Antigos empregados de Black Isle Studios traballan agora na empresa de videoxogos Obsidian Entertainment.
Algúns dos títulos nos que participou Black Isle son: