Blackburn Buccaneer | |
---|---|
Tipo | avión de ataque marítimo |
Fabricante | Blackburn Aircraft Limited Hawker Siddeley |
Primeiro voo | 30 de abril de 1958 |
Introducido | 17 de xullo de 1962 |
Retirado | 31 de marzo de 1994 |
Principais usuarios | Royal Navy Royal Air Force Forza Aérea de Suráfrica |
Unidades construídas | 211 |
O Blackburn Buccaneer é un avión de ataque embarcado británico deseñado nos anos 60 para a Royal Navy (RN). Deseñado e inicialmente producido por Blackburn Aircraft en Brough, posteriormente foi coñecido como o Hawker Siddeley Buccaneer cando Blackburn converteuse en parte do Hawker Siddeley Group, aínda que este nome é raramente usado.
O Buccaneer deseñouse orixinalmente enresposta ao programa de construción do cruceiro soviético da clase Sverdlov. En vez de construír unha nova frota propia, a Royal Navy podería usar o Buccaneer para ataquer eses buques achegándose a baixa cota por debaixo do horizonte dos seus radares. O Buccaneer podería atacar usando unha bomba nuclear ou armas convencionais. Máis tarde pretendeuse que levase mísiles antibuque de curto alcance para mellorar a súa supervivencia contra armas antiaéreas baseadas en buques máis modernas.[1]
O Buccaneer entrou en servizo coa Royal Navy en 1962. Os primeiros avións de produción sofreron unha serie de accidentes debido a unha potencia insuficiente do motor, que foi rapidamente solucionada no Buccaneer S.2, equipado con motores Rolls-Royce Spey máis potentes. O Buccaneer tamén foi ofrecido como unha posible solución ao requirimento da Royal Air Force para un interdictor supersónico que levase armas nucleares. Foi rexeitado ao non cumprir coa especificación en favor do máis avanzado BAC TSR-2, pero o custo do programa TSR-2 levou á súa cancelación, cancelándose despois a compra do seu substituto, o General Dynamics F-111K. A RAF mercou Buccaneer e Phantom II estadounidenses como substitutos do TSR-2, the Buccaneer entering service in 1969.
A Royal Navy retirou o derradeiro dos seus grandes portaavións en 1978, movendo o seu rol de ataque ao British Aerospace Sea Harrier, e pasando os seus Buccaneer á RAF. Tras un accidente en 1980 reveláronse problemas coa fatiga do metal e a frota da RAF reducíuse ata os 60 avións, sendo o resto desgüazados. O final da guerra fría levou a unha redución na forza da RAF, e ao retiro acelerado do resto da frota, sendo os derradeiros Buccaneer da RAF retirados en 1994 en favor do Panavia Tornado. A Forza Aérea de Suráfrica (SAAF) tamén mercou o modelo. Os Buccaneer combateron na primeira guerra do Golfo en 1991, e na guerra na fronteira de Suráfrica.