Boeing Monomail | |
---|---|
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 6 de maio de 1930 |
Introducido | 1933 |
Estado | retirado |
Unidades construídas | 2 |
O Boeing Model 200 Monomail foi un avión estadounidense de correo de principios dos anos 30 deseñado por Boeing. O avión desmarcouse da tradicional configuración biplana para os avións de transporte, e no seu lugar estaba equipado cunha única á insertada na parte inferior da fuselaxe e totalmente metálica. Istalouselle un tren de aterraxe retráctil e unha estilizada fuselaxe para mellorar a eficiencia aerodinámica da aeronave. Un primeiro exemplar foi construído para que fose avaliado por Boeing e pola Mariña dos Estados Unidos (baixo a designación Y1C-18) pero non chegou a fabricarse masivamente. O avión finalmente pasou a formar parte da frota de Boeing e realizou transporte de correo entre San Francisco e Chicago a partir de xullo de 1931.
Unha segunda versión foi desenvolvida como Model 221, cunha fuselaxe 20 cm máis longo e que sacrificaba parte da capacidade de carga para levar 6 pasaxeiros nunha cabina adxunta; porén o piloto sentábase nunha cabina aberta. Esta versión voou por vez primeira o 18 de agosto de 1930. Tanto o Model 200 como o Model 221 foron finalmente modificados para realizar servizos transcontinentais baixo a designación Model 221A, estendendo a fuselaxe para poder levar 8 pasaxeiros. Ese avión foi operado por United Air Lines na súa ruta entre Cheyenne e Chicago.
O avanzado deseño do Monomail viuse obstaculizado pola falta dun motor e unha hélice axeitados. No tempo no que as hélices de paso variable e motores máis potentes estiveron dispoñibles, o deseño xa fora superado por avións multi-motores, como o Boeing 247.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing Monomail |