Boris Chertok

Modelo:BiografíaBoris Chertok

(2005) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Борис Черток Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1912 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Łódź, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Power Engineering Institute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica e voo espacial Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, profesor universitario, enxeñeiro, escritor de non ficción Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Física e Tecnoloxía de Moscova Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Federación Rusa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioBoris Yevseyev Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesAnna Golubkina Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Chertok-19 Find a Grave: 84974342 Editar o valor en Wikidata

Boris Ievseievich Chertok, nado o 1 de marzo de 1912 en Lodz (Unión Soviética) e finado o 14 de decembro de 2011, foi un enxeñeiro participante no programa espacial soviético.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chertok naceu en 1912 en Lodz, fillo dun contable. A súa familia tivo que migrar a Moscova antes de que Boris cumprira os dous anos. Comezou a súa carreira aos 17 anos como electricista. A pesar da súa falta de formación comezou a traballar nunha fábrica de aviónica en 1930, recoñecéndoselle talento para iso e comezando a súa formación universitaria paralelamente ao seu traballo. En 1935 xa era xefe dunha oficina de deseño, xogando un importante papel no desenvolvemento da electrónica usada nas expedicións polares soviéticas. Graduouse en 1940 e comezou a traballar en sistemas de control e guiado na oficina de V. F. Bolkhovitinov.

En abril de 1945 foi asignado ao grupo que analizaría a tecnoloxía alemá de foguetes despois da segunda guerra mundial. Traballou en Alemaña ata xaneiro de 1947, entrando en contacto con Korolev por primeira vez. Chertok foi asignado á instituto NII-88 de Korolev en agosto de 1946, pasando a ser xefe delegado de sistemas de control e guiado de foguetes e naves espaciais. Traballou nos sistemas de control do primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7, e das primeiras naves tripuladas, Vostok, Voskhod e Soiuz. Foi o responsable do sistema KORD de control dos motores do foguete N-1 e máis tarde, ata a súa xubilación en 1992, foi deseñador xefe adxunto na empresa estatal Energia. Faleceu o 14 de decembro de 2011.