Borislav Stanković

Modelo:BiografíaBorislav Stanković

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Борислав Станковић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1925 Editar o valor en Wikidata
Bihać (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 2020 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Belgrado, Serbia Editar o valor en Wikidata
Secretary General of FIBA (en) Traducir
1 de xaneiro de 1976 – 1 de xaneiro de 2003
← Renato William JonesPatrick Baumann (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNovi Sad Editar o valor en Wikidata
EducaciónVeterinary Medicine Faculty, University of Belgrade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto, baloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
KK Crvena zvezda
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
KK Partizan Editar o valor en Wikidata
Participou en
1953EuroBasket 1953 (pt) Traducir
1950Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1950 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Editar o valor en Wikidata
Olympic.org: mr-borislav-stankovic Editar o valor en Wikidata

Borislav Stanković, nado o 9 de xullo de 1925 en Bihać, Reino de Iugoslavia, e finado o 20 de marzo de 2020, foi un xogador de baloncesto serbio, adestrador profesional e membro da FIBA e do Comité Olímpico Internacional. Recoñecéuselle a súa labor por este deporte ao incluír o seu nome no Basketball Hall of Fame e ao outorgárselle o cargo de secretario xeral emérito da Federación Internacional de Baloncesto.[1]

Licenciado en veterinaria pola Universidade de Belgrado, escalou posicións como deportista xuvenil e universitario até a súa participación e posterior vitoria de dous títulos nacionais co KK Crvena zvezda. Como xogador, foi seleccionado até en 36 ocasións para representar a Iugoslavia, incluíndo o seu xogo inaugural para a Copa Mundial da FIBA en Buenos Aires no ano 1950.

Carreira administrativa e promoción do baloncesto

[editar | editar a fonte]

A súa carreira administrativa comezou como membro da mesa central da Federación Iugoslava de Baloncesto (YBF) no ano 1953, don Stanković logrou ascender rangos a nivel nacional e internacional nun breve período de tempo até serlle ofrecido o cargo de vice-secretario xeral da FIBA no ano 1960, así como secretario xeral da YBF no 1966.

Así mesmo foi neste ano no que definitivamente adicou o seu esforzo laboral a tempo completo ao baloncesto, terminando cunha carreira compaxinada como inspector de carne en Belgrado.

En 1976, don Stanković substituíu a William Jones como secretario xeral da FIBA, posición que lograría manter por 28 anos. Como fan declarado do baloncesto norteamericano viaxou por primeira vez aos Estados Unidos en 1974. Sen dominio do inglés pero xa con experiencia de adestrador, no seu país e en Italia, traballou como olleiro e analista en representación da FIBA e dos intereses do baloncesto internacional. A década dos 70 considérase pola prensa como un tempo onde a FIBA carecía da capacidade de negociación que tivo en décadas posteriores.[2]

Naquel entón a administración estadounidense non permitía a competición de baloncestistas profesionais nos xogos olímpicos, en contraposición co resto de países. A negociación de Stanković con ambas administracións, FIBA e NBA, conseguiu desbloquear a norma que só permitía a selección de xogadores universitarios para o equipo olímpico estadounidense e así, no 1992, xogadores profesionais da NBA formaron o coñecido como Dream Team como participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona, incrementando a calidade da competición no baloncesto internacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]