Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Vila Real ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Alturas do Barroso e Cerdedo (pt) ![]() Ardãos e Bobadela (pt) ![]() Beça (pt) ![]() Boticas e Granja (pt) ![]() Codessoso, Curros e Fiães do Tâmega (pt) ![]() Covas do Barroso (pt) ![]() Dornelas (pt) ![]() Pinho (pt) ![]() Sapiãos (pt) ![]() Vilar e Viveiro (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.750 (2011) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 321,96 km² ![]() | ||||
Altitude | 501 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Santa María ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5460 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 276 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-boticas.pt ![]() |
Boticas é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real, na rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, que contaba con 1 280 habitantes (censo de 2011).[1]
Xunto co concello Montalegre, forma a comarca das Terras de Barroso.
Boticas é a sede dun municipio de 321,96 km² de superficie,[2] e 5 750 habitantes (censo de 2011),[1] subdividido en 10 freguesías.[3]
O municipio está limitado ao oeste e o noroeste polo municipio de Montalegre, ao leste por Chaves, ao sueste por Vila Pouca de Aguiar, ao sur por Ribeira de Pena e ao suroeste por Cabeceiras de Basto.
O concello foi creado en 1836 por desmembramento do de Montalegre.
Evolución da poboación 1864-2011 [4] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
9 388 | 9 933 | 10 133 | 10 982 | 10 937 | 10 338 | 11 154 | 11 786 | 13 247 | 14 481 | 10 925 | 8 773 | 7 936 | 6 417 | 5 750 |
Número de habitantes por idades 1900-2011 [5] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
0-14 anos | 3 520 | 3 589 | 3 354 | 3 499 | 4 093 | 4 472 | 5 344 | 3 290 | 2 220 | 1 561 | 821 | 581 |
15-24 anos | 1 868 | 1 858 | 1 864 | 1 905 | 2 077 | 2 395 | 2 311 | 1 775 | 1 507 | 1 141 | 819 | 499 |
25-64 anos | 4 672 | 4 479 | 4 369 | 4 448 | 4 704 | 5 420 | 5 825 | 4 640 | 3 710 | 3 718 | 3 046 | 2 843 |
> 65 anos | 553 | 678 | 643 | 819 | 817 | 806 | 1 001 | 1 220 | 1 336 | 1 516 | 1 731 | 1 827 |
O concello de Boticas está dividido en 10 freguesías:[3]
Boticas é unha vila de orixe romana. Os romanos construíron alí a cidade de Batocas, explotando minas e as famosas Termas de Carvalhelhos, das que se di que teñen augas milagrosas.
O sector primario é o máis importante do concello de Boticas, sendo o que emprega a maioría da poboación.[6] Na freguesía de Covas do Barroso está proxectada e aprobada a mina Barroso Lithium, a maior de Europa a ceo aberto, impulsada pola empresa Savanna Resources, participada por Mário Ferreira.[7][8] O proxecto recibiu críticas por impactos ambientais e sociais, xa que pode afectar o ecosistema local e as fontes de auga. A empresa presentou varias veces a avaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que requiriu diversas modificacións.[9][10] Hai resistencia na comunidade local, preocupada pola posible polución, a perda de terras agrícolas e o impacto na calidade de vida.[11]
O concello de Boticas está irmandado cos seguintes vilas:[12]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boticas ![]() |