Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1993 (31 anos) Plovdiv, Bulgaria |
Altura | 150 cm |
Actividade | |
Ocupación | halterófila |
Nacionalidade deportiva | Bulgaria Acerbaixán |
Deporte | halterofilia |
Participou en | |
2015 | Campeonato Mundial de Halterofilismo de 2015 - Até 58 kg feminino (pt) (1ª) |
2012 | Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Até 58 kg feminino (pt) |
2010 | Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão da Juventude de 2010 - Até 53 kg feminino (pt) (1ª) |
Boyanka Kostova (en búlgaro: Боянка Костова), nada en Plovdiv o 10 de maio de 1993, é unha deportista búlgara, naturalizada acerbaixana, que compite en halterofilia.[1] Disputou os Xogos Olímpicos de 2012 na categoría de 58 kg, rematando no quinto lugar, aínda que máis tarde foi descualificada por dopaxe.
Tras proclamarse campioa de Europa en Antalya, participou nos Xogos Olímpicos de 2012, na categoría de 58 kg, levantando un total de 233 kg, o que lle valeu o quinto posto e un diploma olímpico. Con todo, en xuño de 2016, tras o escándalo de dopaxe ruso, a IWF anunciou que as segundas probas das mostras tomadas nos Xogos Olímpicos indicaron que Kostova dera positivo en dúas substancias prohibidas: dehidroclorometiltestosterona e estanozolol, o que supuxo a retirada de todos os resultados e medallas obtidas dende o día que se tomou a mostra en 2012 ata 2016.[2] En novembro de 2016 a Comisión Disciplinaria do COI descualificouna dos Xogos Olímpicos de 2012.[3]
En maio de 2021, pouco despois do Campionato de Europa no que gañou o ouro,[4] volveu dar positivo por estanozolol. En outubro de 2021, foi suspendida durante oito anos, ao ser a súa segunda infracción por dopaxe.[5][6][7]
A principios de 2022 foi detida por narcotráfico en Bulgaria. Foi condenada a 3 anos de prisión, pero a súa condena foi reducida ata novembro de 2022 para comezar unha carreira de adestradora e estudar na NSA baixo a vixilancia de Lachezar Kishkilov, quen fora o seu adestrador.[8]
O dúo galego de trap Boyanka Kostova tomou o seu nome despois de coñeceren á deportista a través do televisor.[9][10]