Breed 77 | |
---|---|
Paul Isola tocando nun concerto en Xibraltar o 3 de setembro de 2005. | |
Orixe | Xibraltar, Reino Unido |
Período | 1996 — presente |
Xénero(s) | Metal alternativo Flamenco metal[1] |
Selo(s) discográfico(s) | Albert Productions (RU) Pagana Records (España) Flight Records (Xapón) |
Membros | Paul Isola Danny Felice Stuart Cavilla Pedro Caparros López Óscar Zamora |
Artistas relacionados | Black Sabbath, Ill Nino, Machine Head, Soil, Mägo de Oz |
Na rede | |
http://www.breed77.net | |
Breed 77 é un grupo musical con orixe en Xibraltar de metal alternativo con influencias do flamenco.
Paul Isola, Danny Felice e Stuart Cavilla eran antigos amigos do colexio e reuníronse en Londres para formar un grupo que inicialmente chamouse Gibraltarian Mafia, pero cando se formou realmente o grupo buscaron un nome que reflectise as súas orixes conxuntas e chamáronse simplemente Breed (galego: raza). O grupo viuse forzado a cambia-lo seu nome xa que este xa estaba rexistrado por Steve Hewitt (membro de Placebo) coma nome da súa compañía discográfica, pasándose a chamar finalmente Breed 77.
O seu primeiro disco con nome homónimo, Breed 77, editouse en novembro de 2001, sendo reeditado en abril de 2005 debido á súa boa acollida. O segundo álbum Cultura saíu á venda o 3 de maio de 2004 acadando o número 61 nas listas de vendas do Reino Unido e o número 3 da lista de álbums de rock máis vendidos. O seu terceiro álbum In my blood (En mi sangre) foi lanzado internacionalmente o 11 de setembro de 2006. Este álbum foi producido por Ron Saint-Germain que xa traballara con grupos coma Soundgarden, Tool, Creed e Bad Brains.
En xaneiro do 2007, o grupo sacou en iTunes un adianto do seu disco Un Encuentro, o cal saíu á venda en formato CD el 7 de maio de 2007. O quinto álbum de estudio, Insects, saíu ao mercado a finais do 2009.[2]
As xiras musicais feitas polo grupo leváronos a tocar xunto a grupos internacionais coma Black Sabbath, Machine Head, Danzig, Ill Niño, Korn, Napalm Death e Mägo de Oz.