![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1959 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Evergreen State College - historia (2009, 1979–2009, 1981) Blackburn College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical ![]() |
Período de actividade | 1979 ![]() |
Xénero artístico | Grunge ![]() |
Selo discográfico | Sub Pop ![]() |
Sitio web | brucepavitt.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Bruce Pavitt, nado en Chicago o 7 de marzo de 1959, é o fundador do selo discográfico de Seattle Sub Pop, coñecido por ser unha figura clave na popularización do movemento grunge.
Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia en 1979 que trataba sobre bandas de rock independentes dos Estados Unidos. A través do fanzine foron editados tres casetes recompilatorios. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop (o -terranean do nome fora quitado tempo atrás): o Sub Pop 100. O EP de Green River Dry As a Bone seguiuno en 1987.
Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman en 1986, cando este convidouno a unha entrevista na emisora KCMU coa intención de promocionar o Sub Pop 100. En 1987 Kim Thayil, que coñecía a Poneman dende mediados dos 70 ao asistir ao mesmo instituto, de Soundgarden suxeriu que unisen as súas forzas, ePoneman incorporouse ao selo coma co-director. En agradecemento Sub Pop editou o EP de Soundgarden Screaming Life.