Brynäs IF | |
---|---|
Fundación | 1912 1939 (sección de hóckey sobre xeo) |
Cidade | Gävle, Gästrikland Suecia |
Estadio | Läkerol Arena (8.265 espectadores) |
Liga | SHL |
Campionatos | 6 |
Adestrador | Tommy Jonsson |
Cores | Negro, vermello e amarelo |
Na rede | |
http://www.brynas.se/ | |
O Brynäs IF é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gävle, Gästrikland (Suecia). O club polideportivo foi fundado o 12 de maio de 1912, mais non foi ata 1939 cando comezou a andaina da sección de hóckey sobre xeo, a sección máis exitosa do club. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou en 13 ocasións (6 dende que a competición adoptou a denominación actual), sendo un dos equipos máis laureados de Suecia. Xoga os seus partidos como local no Läkerol Arena, un pavillón con capacidade para 8.265 espectadores.