Bryopsidales

Bryopsidales

Dead man's fingers (Codium fragile)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Chlorophyta
Clase: Ulvophyceae
Orde: Bryopsidales
J.H. Schaffner
Familias[1]

Bryopsidaceae
Caulerpaceae
Chaetosiphonaceae
Codiaceae
Derbesiaceae
Dichtomosiphonaceae
Halimedaceae
Ostreobiaceae
Pseudocodiaceae
Udoteaceae

Sinonimia
  • Caulerpales

Bryopsidales é unha orde de algas verdes, pertencente á clase Ulvophyceae. Caracterízanse por ter células xeralmente filiformes pero que forman unha maraña cunha forma global ben definida orixinando algas de formas moi curiosas, segmentadas, laminares, en forma de copa, forma de balón ou de arbusto. Unha característica destas algas é que están formadas por unha soa célula, xa que non existen tabiques entre os núcleos que se encontran dentro destes filamentos. Desta forma, tanto os núcleos como os orgánulos celulares poden desprazarse a través da alga. Algunhas destas algas, como certas especies do xénero Caulerpa, poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais están formadas por unha soa célula.

Estas algas reprodúcense xeralmente por fragmentación. Non obstante, ante certas condicións do medio, a alga pode transformarse en milleiros de células biflaxeladas, proceso chamado holocarpia. Durante este proceso, unha alga ben formada e completamente verde empeza a transformarse en células nadadoras e nunhas cantas horas non queda máis que un esqueleto branco de paredes celulares sen vida. Cando estas células nadadoras contactan entre elas fusiónanse formando un cigoto que migra ao fondo onde se fixa a un substrato e comeza a alongarse formando a única célula que orixinará a alga adulta.

A orde Bryopsidales encóntrase distribuída por todo o mundo, a maior diversidade dáse entre as barreiras de coral tropicais, abundando por exemplo no mar Caribe.[1]

  1. 1,0 1,1 Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2007). "Order: Bryopsidales taxonomy browser". AlgaeBase version 4.2 World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultado o 23 de setembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]