Bubalinos Bubalina Búfalos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo acuático (Bubalus bubalis)
| |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
A dos bubalinos (Bubalina) é unha subtribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que comprende dous xéneros:
Os búfalos derivan dunha cepa común, que é asiática. Ao longo dos séculos apareceron diferenzas, de tal xeito que hoxe existen dúas liñaxes principais: os búfalos de Asia e os búfalos de África, que constitúen, respectivamente os xéneros Bubalus Hamilton Smith, 1827 e Syncerus Hodgson, 1847.
Preto dun millón de búfalos viven no continente africano, tres cuartas partes do cales en áreas protexidas desde o sur do Sáhara até o sur de Suráfrica.[1]
O búfalo foi domesticado en Asia e unha cepa foi importada en Europa (o chamado búfalo mediterráneo.
Os búfalos machos adultos pesan de 700 a 900 kg, contra os 500 kg de media nas femias. Os machos midenaté 3,5 m de lonxitude, cuha altura na cernella duns 1,70 m, e as búfalas uns 2,5 m de lonxitude e alcanzan unha altura na cernella duns 1,4 m.
Os únicos depredadores dos búfalos son o tigre en Asia e o león en África. Estes atacan unicamente a individuos vulnerábeis, como xuvenís, vellos ou enfermos.
Grandes, fortes e musculados, os búfalos poden correr con gran velocidade, de até os 30 km/h os machos máis masivos, e de até os 55 km/h as fremias, máis lixeiras.[2] Menos rápidos que outros herbívoros, son moi poderosos e deféndense trucando cos seus cornis.
Os búfalos africanos son gregarios, irascíbeis e moi perigosos, e poden matar os leóns ou aos cazadores.
Os bífalos son ruminantes pertencentes á faminlia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos. Existen dous xéneros:
1. Xénero Bubalus Hamilton Smith, 1827 - (búfalos asiáticos)
Algúns zoólogos dividen os búfalos asiáticos acuáticos (Bubalus bubalis) en tres especies:[3]
2. Xénero Syncerus Hodgson, 1847 - (búfalo africano)
A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusinóns debido á gran variabilidase da especie.[5]
Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[6][7] (véxase o mapa) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[4]
Segundo estudos xenéticos efectuados por Alexandre Hassanin e Anne Ropiquet en 2004,[8] os búfalos asiáticos e o africano son, polo menos a nivel de ADN mitocondrial, unha unidade monofilética.
Porén, un estudo exhaustivo das relacións dos bovinos, incluíndo tamén s ADN do núcleo celular segue pendente.
Cladograma que mostra as relacións e ntre os xéneros Syncerys e Bubalus, así como de Bos", Bison e outros xéneros:
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
- Bubalus mindorensis e Bubalus quarlesi non foron incluídos neste estudo.
- Bos rimigenius aquí simplifícase: os domesticados están representados mas formas B. p. f. taurus (boi) e B. p. f. indicus (cebú).