Büyükçekmece Basketbol

ONVO Büyükçekmece
Información xeral
Liga BSL
Fundación 2011
Cores           Azul, branco
Presidente Ahmet Bayraktar
Adestrador Özhan Çıvgın
Localización
Cidade Istanbul, Turquía
Pavillón Gazanfer Bilge Spor Salonu
Capacidade 2 500
instagram.com/buyukcekmecebsk

O Büyükçekmece Basketbol, coñecido por motivos de patrocinio como ONVO Büyükçekmece é un club profesional de baloncesto turco con sede no distrito de Büyükçekmece en Istanbul. Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco. Fundado en 2011, o equipo xoga os seus partidos como local no Gazanfer Bilge Spor Salonu, recinto con capacidade para 2 500 espectadores.

O club foi fundado en 2011 baixo o nome de Tüyap Büyükçekmece. O equipo comezou a xogar na TB3L na temporada 2011−12. Na campaña 2012−13, o equipo gañou a TB3L e ascendeu á TB2L. Na súa primeira tempada na TB2L, o equipo finalizou en 9ª posición, permanecendo así un ano máis na liga. Na tempada 2014-15, o equipo rematou en 4ª posición da temporada regular e venceu ao Akhisar Belediyespor nos cuartos de final dos playoffs de ascenso. A continuación, o equipo venceu nas semifinais ao Denizli Basket Spor Kulübü, chegando o Tüyap Büyükçekmece á final da TB2L. Na final, o equipo perdeu contra o Yeşilgiresun Belediyespor Kulübü, pero aínda así ascenderon á Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto do país.

Desde ese ascenso o club permaneceu sempre na elite turca, sendo os seus mellores resultados os obtidos en 2015−16 e 2022−23 co décimo lugar na táboa clasificatoria. Tamén xogaron dúas temporadas competicións europeas, concretamente nas edicións de 2017 e 2018 da FIBA Europe Cup.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Tüyap Büyükçekmece (2011−2015)
  • Demir İnşaat Büyükçekmece (2015−2018)
  • Arel Üniversitesi Büyükçekmece (2018−2021)
  • Büyükçekmece Basketbol (2021−2022)
  • ONVO Büyükçekmece (2022−presente)

Temporadas

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel División Pos. V–D Competicións europeas
2011–12 3 TB3L
2012–13 3 TB3L
2013–14 2 TB2L 16−18
2014–15 2 TB2L 23−11
2015–16 1 BSL 10º 14−16
2016–17 1 BSL 13º 9−21 4 FIBA Europe Cup OF 10–4
2017–18 1 BSL 12º 10−20 4 FIBA Europe Cup R2 10–6
2018–19 1 BSL 12º 8−20
2019–20 1 BSL 15º 3−20
2020–21 1 BSL 13º 10−20
2021–22 1 BSL 12º 10−20
2022–23 1 BSL 10º 13−17

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]