CB Valladolid

CB Valladolid
Información xeral
Alcume Pucelanos
Fundación 31 de agosto de 1976
Desaparición 18 de xuño de 2015
Cores           Púrpura, dourado
Mascota Tripitongo
Localización
Cidade España Valladolid, España
Pavillón Polideportivo Pisuerga
Capacidade 6 800
Campionatos
Liga LEB 1 (2009)

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. foi un club de baloncesto profesional español da cidade de Valladolid, Castela e León. Fundado o 31 de agosto de 1976, desapareceu no ano 2015 debido a problemas financeiros. Foi o herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente. Inmediatamente despois da súa desaparición creouse o CB Ciudad de Valladolid para substituílo.

Fundación

[editar | editar a fonte]

A comezos de 1976, o antigo equipo de Valladolid, o A.D.C. Castilla, despois de conseguir o ascenso á Primeira División o ano anterior, debido a unha serie de problemas chega a desaparecer. Con todo, un grupo de seareiros fanse cargo do club, e 31 de agosto de 1976 fundan o Valladolid Club Baloncesto. O equipo, dirixido polos adestradores Moncho Monsalve e Pedro Zorrozúa, debuta en Primeira División ocupando o primeiro posto, finalmente descendendo. Porén, despois de dous anos na segunda división, o equipo volve a ascender en 1978, tras vencer en vinte dos vinte e dous partidos disputados.[1]

Comezos na ACB

[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada de retorno á Primeira División o Valladolid finaliza finalmente en novena posición, ademais o equipo disputa ese ano por primeira vez na súa historia unha competición europea, caendo finalmente na liga de cuartos de final fronte á Jugoplastika Split e o Mestre. Ao seguinte ano, na tempada 1980-81, termina sexto, clasificándose de novo á Copa Korać. Así, na seguinte campaña o equipo logra a súa mellor clasificación da súa historia ao rematar no cuarto posto, chegando de novo aos cuartos de final na competición europea. En 1983 o equipo volve a conseguir un bo posto rematando sextos na liga, aínda que rexeitando xogar a Korać por mor de problemas co orzamento.

En 1983, constitúese a Asociación de Clubs de Baloncesto, celebrándose ese ano a primeira ACB da historia. Ese ano tamén foi outro de novidades, xa que debuta como patrocinador do equipo Fórum Filatélico, co cal se mantería por máis de vinte anos. Esa primeira tempada o Fórum remata no posto doce tras xogar os play offs polo título, onde perderon en primeira rolda fronte o Joventut Badalona por 2 a 0. O seguinte ano foi mellor e os de Valladolid acadan o noveno posto, aínda que despois de perder de novo nos play offs, esta vez fronte o CAI Zaragoza por 1 a 2.

En 1985 inaugúrase o Polideportivo Pisuerga, converténdose inmediatamente no pavillón do Fórum tras pasar oito anos no Huerta del Rey. Este ano o equipo volve a caer na primeira rolda de play offs acabando finalmente no posto once. Ao ano seguinte, pese a facerse un equipo moi competitivo, foi un mal ano e o Fórum ten que xogar o play-off de descenso, vencendo por 3 a 0 ao Clesa Ferrol. Os dous seguintes anos xogaron tanto o play off polo título como polo descenso, conseguindo finalmente manterse na categoría.[1]

A era de Sabonis

[editar | editar a fonte]

Nas seguintes tres campañas prodúcese un cambio moi importante na historia do club, xa que chega ao equipo o pivote lituano, e estrela do baloncesto europeo Arvydas Sabonis, tamén chegaría con el outro compatriota seu, internacional en múltiples ocasións coa URSS, Valdemaras Homicius. Así nas tres seguintes tempadas o Fórum consegue rematar no sexto, sétimo e oitavo postos respectivamente. A última tempada de Sabonis no club, a 1991-92, supoxo o maior éxito do Valladolid a nivel europeo, conseguindo chegar ás semifinais da Copa Korać onde perderon fronte ao Il Messaggero de Roma. Despois da marcha de Sabonis ao Real Madrid, chegan malos momentos para o club, e o club convértese en Sociedade Anónima Deportiva, pasando a denominarse Fórum Valladolid C. B. S.A.D. No deportivo o Fórum remata no posto dezaoito, conseguindo manter a categoría na última xornada.

En 1993 o Valladolid finalmente descende, tras perder nos play offs por manter a categoría no quinto partido fronte ao Murcia. Mais tras perder a categoría na cancha, conseguiuse a salvación nos despachos debido á renuncia do Caja Bilbao. En 1994 o Valadolid remata no décimo primeiro posto final, baixando na seguinte tempada até o décimo sexto. En 1997, o club fai patente a súa necesidade de apoio económico, tras descubrir que a débeda do club ascendía a 700 millóns de pesetas, levando ao club nos seguintes anos case á súa desaparición. Con todo, a sociedade acaba estabilizándose, e nos seguintes anos o Fórum viaxa pola zona media da clasificación.[1]

Desaparición

[editar | editar a fonte]

Co comezo do novo milenio, o Valladolid consegue a súa primeira participación nos play offs polo título tras nove anos, ao quedar no oitavo posto da liga regular, con todo, saíron derrotados en primeira rolda por 3 a 0 fronte ao FC Barcelona. Con todo xogar estes play offs serve para poder disputar o ano seguinte a Copa Korać. Ao seguinte ano o Fórum remata décimo na ACB e na Korać perde na fase de grupos. Ao ano seguinte o equipo cambia practicamente a totalidade do seu cadro, chegando a rozar finalmente o descenso. Ese ano, refúndase a sociedade, esta vez co nome de C. B. Valladolid S.A.D.

En 2003 o equipo fai unha boa tempada, rematando no posto once, mais empatado a vitorias co oitavo clasificado. Ao ano seguinte chegan sete novas incorporacións, acabando finalmente no posto número doce. En 2005, chega o adestrador Paco García procedente do Breogán de Lugo, e equipo ten que agardar á última xornada de liga para poder certificar a súa salvación. Precisamente o equipo tiña que gañar Breogán, e non fallou, acabando finalmente oitavos. Ao ano seguinte, o equipo perde ao seu patrocinador, chegando a incerteza sobre a continuidade do club, chegando como novo patrocinador Grupo Capitol. Finalmente o club volve a acadar a salvación nas últimas xornadas.

Con todo, ao ano seguinte, tras unha primeira volta moi boa na que conseguiron nove triunfos, o que non se facía dende 2001, na segunda volta so gañan tres encontros e o equipo acaba descendendo por primeira vez dende a fundación da ACB, descontando o ano no que se conseguiu salvar a tempada pola renuncia do Caja Bilbao.[1] Con todo, e a pesar de dificultades económicas, o club consegue recuperar a súa praza na ACB tras acadar o primeiro posto na Liga LEB. Despois de volver á ACB, na temporada 2011−12 o equipo acaba en último lugar e descende de novo á LEB. Porén, a renuncia ao ascenso de Menorca Bàsquet permite que os casteláns continuen na máxima categoría. Non sucedería o mesmo en 2014, cando o equipo acaba facendo efectivo o seu descendo após finalizar último. Tras só unha temporada en LEB, o equipo acaba consumando a súa desaparición.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Impala Tours (1978–1979)
  • Miñón Valladolid (1979–1983)
  • Fórum Valladolid (1983–1992)
  • Grupo Libro Valladolid (1992–1993)
  • Fórum Valladolid (1993–2006)
  • Grupo Capitol Valladolid (2006–2008)
  • Blancos de Rueda Valladolid (2009–2013)
  • MyWigo Valladolid (2014–2015)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Concurso de Mates da ACB

Concurso de Triplas da ACB

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o CB Valladolid desde a fundación da ACB en 1983.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

LEB Ouro

  • Campións (1): 2009
  • Subcampións (2): 2002, 2018

Copa Castela e León

  • Campións (8): 2003, 2005, 2006, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011
  • Subcampións (1): 2004

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1976–77 1 1ª Div. 11º 7–15 Primeira rolda
1977–78 2 2ª Div. 19–3–8
1978–79 2 1ª Div. B 20–2
1979–80 1 1ª Div. 9–1–12 Cuartos de final 3 Copa Korać CF 6–4
1980–81 1 1ª Div. 13–13 Oitavos de final
1981–82 1 1ª Div. 16–1–9 Semifinais 3 Copa Korać CF 4–4
1982–83 1 1ª Div. 15–11 Oitavos de final
1983–84 1 ACB 12º 10–20
1984–85 1 ACB 16–15 Cuarto Copa Príncipe TR
1985–86 1 ACB 11º 12–19 Copa Príncipe SF
1986–87 1 ACB 13º 13–18 Copa Príncipe OF
1987–88 1 ACB 14–16 Semifinais Copa Príncipe OF
1988–89 1 ACB 17º 14–22 Cuartos de final
1989–90 1 ACB 26–12 Oitavos de final
1990–91 1 ACB 23–16 Terceira rolda Copa Príncipe
1991–92 1 ACB 23–15 Terceira rolda 3 Copa Korać SF 10–4
1992–93 1 ACB 18º 11–20 Terceira rolda 3 Copa Korać SR 1–1
1993–94 1 ACB 19º 11–22 Segunda rolda
1994–95 1 ACB 11º 19–19
1995–96 1 ACB 16º 15–23
1996–97 1 ACB 15º 15–22
1997–98 1 ACB 16–18 Semifinais
1998–99 1 ACB 13º 13–21 3 Copa Korać DF 5–3
1999–00 1 ACB 12º 15–19
2000–01 1 ACB 16–21
2001–02 1 ACB 10º 17–17 3 Copa Korać FG 3–5
2002–03 1 ACB 16º 11–23
2003–04 1 ACB 11º 16–18
2004–05 1 ACB 12º 13–21
2005–06 1 ACB 14º 13–21
2006–07 1 ACB 16º 12–22
2007–08 1 ACB 17º 11–23
2008–09 2 LEB Ouro 25–9
2009–10 1 ACB 13º 13–21
2010–11 1 ACB 18–16 Cuartos de final
2011–12 1 ACB 18º 9–25
2012–13 1 ACB 16º 12–22
2013–14 1 ACB 18º 3–31
2014–15 2 LEB Ouro 22–12
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 26 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]