Nome oficial | Cadel Evans Great Ocean Road Race (2015–) |
---|---|
Tipo | carreira dun día |
Deporte | ciclismo en ruta |
Epónimo | Cadel Evans |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Localización e Datas | |
País | Australia |
Vixencia | 2015 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | cadelevansgreatoceanroadrace.com.au |
A Cadel Evans Great Ocean Road Race, tamén coñecida só como Great Ocean Road Race, é unha carreira ciclista australiana. Foi creada no ano 2015, a iniciativa do ciclista australiano que lle pon nome, Cadel Evans, campión do Tour de Francia e do mundo[1]. A carreira desenvólvese todos os anos polas zonas de Melbourne e Geelong, dentro do estado de Victoria. Dende a súa creación, sempre se disputa uns días despois do final do Tour Down Under. A proba masculina formou parte do UCI Oceania Tour, na súa primeira edición con catalogación 1.1 e xa no 2016 con categoría 1.HC. No 2017, coa ampliación do número de probas pasou a formar parte do UCI WorldTour[2].
A súa versión feminina, incluíuse no ano 2015 no calendario australiano. En 2016 pasou a ser de catalogación 1.2 e no 2018 1.1. Esta carreira feminina foi a sucesora da Geelong World Cup, incluída na Copa do Mundo feminina e que tivo lugar na mesma zona entre 2003 e 2008.
Ano | Vencedor | Segundo | Terceiro |
---|---|---|---|
2019 | Dries Devenyns | Pavel Sivakov | Daryl Impey |
2019 | Elia Viviani | Caleb Ewan | Daryl Impey |
2018 | Jay McCarthy | Elia Viviani | Daryl Impey |
2017 | Nikias Arndt | Simon Gerrans | Cameron Meyer |
2016 | Peter Kennaugh | Leigh Howard | Niccolò Bonifazio |
2015 | Gianni Meersman | Simon Clarke | Nathan Haas |