Para o filme homónimo de 2018 véxase Cairo branco (filme de 2018)
Cairo Branco | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | White Fang |
Director | Randal Kleiser |
Produtor | Markay Powell |
Guión | Jeanne Rosenberg Nick Thiel David Fallon |
Baseado en | White Fang de Jack London |
Intérpretes | Ethan Hawke Klaus Maria Brandauer Seymour Cassel |
Música | Basil Poledouris Hans Zimmer |
Fotografía | Tony Pierce-Roberts |
Montaxe | Lisa Day |
Estudio | Silver Screen Partners IV |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1991 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $14 000 000[1] |
Recadación | $34 793 160 |
Filme seguinte | White Fang 2: Myth of the White Wolf |
Na rede | |
http://movies.disney.com/white-fang | |
Cairo Branco (en inglés: White Fang) é un filme de Disney dirixido por Randal Kleiser que se estreou en 1991, que está baseado na novela White Fang de Jack London. Está protagonizado por Ethan Hawke, Klaus Maria Brandauer e Seymour Cassel.
A finais do século XIX, o xove Jack Conroy chega a Alasca en plena febre do ouro, disposto a reclamar a herdanza do seu defunto pai. Alí trabará unha estreita relación con Cairo Branco, un cruzamento de lobo e can.