Callitris pancheri | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Callitris pancheri (= Neocallitropsis pancheri) no Atlanta Botanical Garden, Xeorxia, EE. UU. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Callitris pancheri (Carrière) Byng, 1858 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Callitris pancheri é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae).
En numerosos textos de botánica aparece denominada co seu antigo sinónimo Neocallitropsis pancheri (que era a única especie do xénero Neocallitropsis).[2]
As principais características de Callitris pancheri son:[3]
Trátase dunha especie endémica de Nova Caledonia, que se encontra en pequenas poboacións, confinada nunhas poucas localidades no sur da Grand Terre, cunha soa subpoboación moi pequena no cumio do monte Paéoua, 180 km ao norte.[1] [4] Encóntrase desde os 30 até os 1 140 msnm.[1]
A poboación total de Callitris pancheri, que está decrecendo, estímase na actualidade (2018) entre os 2 500 e os 10 000 espécimes. As diferentes subpoboacóns varían moito en tamaño, desde uns poucos a varios centos de individuos (Plateau des Callitropsis). No monte Paéoua só se encontraron 45 árbores maduros.[1]
O xénero Neocallitropsis foi descrito en 1944 polo botánico sueco Carl Rudolf Florin, nun traballo publicado na Palaeontographica, Abt. B, Paläophytol 590.[5]
É un xénero monotípico, xa que conta cunha soa especie, Neocallitropsis araucarioides (Compton) Florin, descrita por Florin no mesmo ano e no mesmo traballo,[6] renomeando á especie Callitropsis araucarioides Compton, 1858
A especie fora descrita por primeira vez en 1858 polo botánico francés Élie-Abel Carrière, co nome de Eutacta pancheri,[7] na segunda edición da súa obra Traité général des conifères.[8]
Moito máis tarde, en 1972, foi reclasificada dentro do xénero Neocallitropsis, como Neocallitropsis pancheri, polo botánico estadounidense David John de Laubenfels, nun traballo publicado en Fl. Nouv.-Calédonie & Dépend. 4: 161.[9]
Durante anos apareceu citada dentro do seu propio xénero Neocallitropsis. Porén, recentes análises filoxenéticas moleculares aconsellaron que fora situada dentro do xénero Callitris,[10] como Callitris pancheri.[11]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[2] [12] [13]
O nome científico Neocallitropsis está formado pola unión dos elementos do latín científico neo-, calco do grego antigo νεο- neo-, elemento de feomación de palabras derivado de νέosς néos, "novo",[15] e Callitropsis, nome de xénero (refírese a Callitropsis Compton, 1922, e non a Callitropsis Oerst., 1864); literalmente: "o novo Callitropsis".
Callis é un derivado irregular do elemento latino calli-,[16] calco do grego antigo καλλί- kallí-, que deriva de κάλλοσ kállos, "beleza", "fermosura".[17]
O epíteto específico, pancheri, que significa "de Pancher", é unha homenaxe ao xardineiro e botánico francés Jean Armand Isidore Pancher, que traballou como botánico do goberno en Nova Caledonia.[18]
A día de hoxe (2018), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status da espeie como en perigo de extinción, debido a que houbo unha redución do tamaño da súa poboación estimada en máis do 50 % durante as últimas tres xeracións, dando como resultado unha diminución da área de dispersión, así como da calidade do seu hábitat. Isto debeuse, sobre todo, a que a especie foi sometida anteriormente á sobreexplotación, así como aos efectos das inundacións nos anos da década de 1960.
A actual área de ocupación estímase en 32 km2, distribuídos en só tres lugares (Paéoua, Montagne des Sources, Plaine des Lacs/Chute de Madelaine).
As diferentes subpoboacións están moi fragmentadas xeográfica e ecoloxicamente.
Así mesmo, prevese unha diminución continua na área de dispersión e na calidade do hábitat debido á crecente frecuencia dos incendios e aos efectos da minaría.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Callitris pancheri |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Callitris pancheri |